981880075
Seleccionar página

 

O NADAL    

    Desde moi antigo nas culturas de raíces cristianas, das cales o noso pobo forma parte, o Nadal é unha data moi significativa e ademais existe o costume de entregar regalos a noite do día 5 de xaneiro ós nenos, en lembranza ós presentes que, segundo a tradición, os Reis Magos de Oriente levaron ó Neno Xesús. O noso concello súmase desde hai moitos anos a este costume e por iso, desde a Concellaría de Educación, Xuventude, Cultura e Deporte organízase e coordínanse diversas actividades e programas arredor do Nadal con obxectivos como:

–    Achegarlles ós nenos a maxia do Nadal e da Noite de Reis.

–    Manter a tradición dos Reis Magos.

–    Crear ilusión en nenos e maiores.

–    Fomentar a participación de toda a poboación do concello na elaboración e adorno de carrozas para o desfile e a representación do Belén Vivente.

    

 Entre as actividades e programas que se organizan, destacamos: 

 

●   VISITA DE PAPÁ NOEL:

O último venres antes das vacacións de Nadal, Papá Noel visita a gardaría e os colexios do concello, repartindo caramelos e agasallos para “os + peques” e recollendo numerosos encargos dos nenos xalleiros.  

 

●   CAIXA DE CORREO DOS REIS MAGOS DE ORIENTE:

Durante o Nadal permanece instalada diante da Casa da Cultura para que os nenos e nenas depositen as súas cartas, que faremos chegar ás súas maxestades para que coñezan as peticións dos nenos e nenas e cumpran tódolos seus desexos. O día 5 de xaneiro, día da Cabalgata de Reis, mentres se reciben ás súas maxestades, no pavillón, sortearanse agasallos entre tódalas cartas depositadas na devandita caixa de correo.  

 

●   BELÉN VIVENTE:

Ó longo do Nadal confecciónase un Belén Vivente que se celebra o día 5 de xaneiro despois da chegada dos Reis Magos de Oriente ó pavillón, no cal tódolos veciños do concello poden participar, anotándose con anterioridade na Oficina de Cultura, uns quince días antes aproximadamente  

 

●   CABALGATA DE REIS

Celébrase o día 5 de xaneiro pola tarde. É un desfile de carrozas por diferentes rúas de Santa Comba, no que os Reis Magos de Oriente e os seus paxes e axudantes lanzan caramelos a todos aqueles que observan desde a rúa. O desfile remata no pavillón municipal de Fontenla, onde son recibidos polo noso alcalde. Os Reis Magos de Oriente traen agasallos especiais para sortear entre todas aquelas persoas que colaboren como figurantes ( romanos, anxos…) co Concello de Santa Comba nas comitivas que acompañan ós reis polas rúas da vila e a repesetación no pavillón. Para participar, cómpre apuntarse na Oficina de Cultura, polo menos quince días antes do día.   

 

●   CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA “ O NADAL”:

 DESCRICIÓN DE ACTIVIDADE:           

Coa finalidade de felicitar as festas do Nadal cos debuxos que fan  os nenos do noso municipio, a Concellaría de Educación, Xuventude, Cultura e Deportes convoca o CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA “O NADAL” , destinado a escolares do Concello. Preténdese tamén irradiar a mensaxe de paz e amor que traen consigo estas datas a través da expresión artística dos nenos do Concello.       

OBXECTIVOS:

   –  Felicitar as festas navideñas cos debuxos que fan os nenos do noso Concello.

   –  Motivar ós escolares, para que expresen libremente as súas vivencias sobre o Nadal.

   –  Estimular a capacidade creativa dos nenos e potenciar habilidades artísticas.

      

 DESTINATARIOS:

    – Escolares do Concello. 

 

DATA E HORARIO:

    – Segundo Bases do Concurso. 

 

BASES DO CONCURSO:   

IX CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA PARA ESCOLARES                               

                      “O NADAL”

 

 BASES:

1.- Poderán participar tódolos nenos/as, con idades de 6 a 16 anos, pertencentes ós centros escolares do Concello de Santa Comba.

2.- O tema  deberá estar relacionado co NADAL.

3.- A obra presentarase en cartolina ríxida ou material semellante, o tamaño non poderá ser maior dun A-4. A técnica será libre: cera, témpera, acuarela, rotuladores…

4.- Os debuxos ou pinturas deben ser inéditas, polo que non poden ser obxecto de ningún outro premio, nin tampouco ser publicadas ou presentadas noutros concursos.

5.- Cada traballo asinarase con seudónimo. O mesmo seudónimo e a idade do concursante figurará no exterior dun sobre pechado que no seu interior irá o nome do neno, idade, enderezo, teléfono, número do D.N.I. (no caso de que o teña), centro onde estuda; este sobre irá co traballo dentro doutro sobre pechado ou pegado pola parte de atrás do traballo.

6.- Os Centros Escolares farán unha primeira selección dos 10 mellores traballos, e remitiranos á Casa da Cultura  antes do 23 de novembro do ano 2.007.

7.- O xurado estará composto por profesores dos distintos Centros Escolares do Concello de Santa Comba, e polo Concelleiro de Cultura ou persoa na que delegue. A decisión do xurado será irrecorrible.

8.- Calquera traballo que non se presente coas características esixidas quedará fora do concurso.

9.- Unha vez feita a selección final; abriranse os sobres do seudónimo correspondente para coñecer ós autores.

10.- O Concello de Santa Comba reserva o dereito a publicar os traballos gañadores.

11.- A decisión farase pública o día 27 de novembro do 2.007 e poñerasse en coñecemento dos premiados.

12.- Os premios consistirán en : 1º PREMIO (videoconsola) E DIPLOMA.

                                                   2º PREMIO (bicicleta) E DIPLOMA.

                                                   3º PREMIO (minicadea) E DIPLOMA

                                                   4º TRES ACCÉSITS E DIPLOMA

                                                   5º DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN PARA TODOS.

13.- Os traballos premiados serán expostos na Casa da Cultura de Santa Comba a partir do día 10 de decembro do 2.007 ata o día 10 de xaneiro do 2.008.

14.- A entrega de premios terá lugar no Edificio Multiusos de Santa Comba o día 19 de decembro do 2.007, ás 20:00 horas.

15.- A participación no concurso implica a aceptación de tódalas bases.

16.- Os premios 1º, 2º e 3º poderán cambiarse por outros de condicións económicas semellantes.

                                                                   

                                                                                Concellaría de Cultura.

     

 

0 comentarios