IX CONCURSO DE REDACCIÓN PARA ESCOLARES: “UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA” DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
Con motivo do Día das Letras Galegas, o departamento de cultura organiza o IX CORCURSO DE REDACCIÓN 2008 “UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA”, destinado a escolares do Concello de Santa Comba.
OBXECTIVOS:
– Animar ós nenos e nenas á creación literaria
– Fomentar a sensibilización coa lingua galega.
– Desenvolver a inventiva, a través da narración de historias que acontecen no concello.
DESTINATARIOS:
– Escolares do Concello de Santa Comba.
FECHA E HORARIO:
– Segundo Bases do Concurso.
BASES DO CONCURSO:
IX CONCURSO DE REDACCIÓN PARA ESCOLARES
"UNHA HISTORIA EN SANTA COMBA”
BASES:
1.- Poderán participar tódolos nenos/as pertencentes ós centros escolares do Concello de Santa Comba.
2.- Grupos: Grupo 1º (1º curso de primaria). Grupo 2º ( 2º e 3º curso de primaria). Grupo 3º (4º curso de primaria). Grupo 4º (5º e 6º curso de primaria). Grupo 5º ( ESO)
3.– O tema: “UNHA HISTORIA NARRADA EN SANTA COMBA”, deberá estar escrita a man, sen debuxos e en galego.
4.- As redaccións serán inéditas, sen que recibisen ningún premio anterior, e sen que fosen publicadas ou ou presentadas noutros concursos.
5.-Cada traballo asinarase cun seudónimo. O mesmo seudónimo e o curso do concursante figurará no exterior dun sobre pechado, no interior do cal irá o nome do neno/a, idade, teléfono, e o centro onde estuda. Este sobre irá co traballo dentro doutro sobre pechado.
6.- A extensión máxima da redacción será dun folio para o grupo 1º; grupo 2º: dous folios ; grupo 3º: dous folios ; grupo 4º: tres folios ; grupo 5º: catro folios.
7.- Os Centros Escolares farán unha primeira selección dos 8 mellores traballos, e remitiranos ó Concello antes do día 25 de abril do 2008.
8.- O xurado estará composto por profesores dos distintos Centros Escolares do Concello de Santa Comba, e polo concelleiro de cultura ou persoa na que delegue. A decisión do xurado será irrecorrible.
9.- Calquera traballo que non se presente coas características esixidas quedará fóra de concurso.
10.- O Concello de Santa Comba reserva o dereito a publicar os traballos gañadores.
11.- Unha vez feita a selección final, abriranse os sobres do seudónimo correspondente para coñecer os autores.
12.- A decisión farase pública o día 6 de maio do 2008, poñéndose en coñecemento dos premiados.
13.- Os premios consistirán en:
– Grupo 1º: 1º premio (bicicleta). Accésit (lote de libros)
– Grupo 2º: 1º premio (bicicleta). Accésit (lote de libros)
–Grupo 3º: 1º premio (videoconsola). Accésit (lote de libros)
–Grupo 4º: 1º premio (videoconsola). Accésit (lote de libros)
-Grupo 5º: 1º premio (minicadena). Accésit (lote de libros)
14.- Os traballos premiados serán expostos na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba a partir do día 9 de maio ata o día 18 de maio do 2008.
15.- A entrega de premios terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba o día 13 de maio do 2008, ás 18:00 horas. O acto estará presidido polo Sr. Alcalde.
16.- A participación no concurso implica a aceptación de tódalas bases.
17.- Os primeiros premios poderán cambiarse por outros de condicións económicas semellantes.
CONCELLARÍA DE CULTURA.