II FESTIVAL DE REGUEIFAS E HIP-HOP DE SANTA COMBA
DÍA: 16 DE OUTUBRO
HORA: 21:00 H.
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS MUNICIPAL
O evento constará das seguintes partes:
Introdución
Apertura do festival coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia, da man do Grupo de Música e Baile Tradicional do Concello.
Primeira parte Presentación a cargo de Pinto de Herbón e Luis “O Caruncho”
Segunda parte: Desafíos orais en verso por parte de tódolos regueifeiros convidados: Juan Rial, “Ventura”; María Maneiro Pais e Manuel Barcia, “Falabarato”, de Santa Comba; Fermín Calvo, de Coristanco; e Suso e Antonio de Xornes, de Ponteceso, xunto con Pinto de Herbón e Luis “O Caruncho”.
Terceira parte:Actuación de hip-hop da man de García M.C. (do coñecido colectivo de hip-hop “Dios ke te crew”) e dun graffiteiro.
Cuarta parte: Improvisación en verso rapeada.
Quinta parte:Clausura do festival con degustación de regueifas e viño doce para tódolos asistentes.