981880075
Seleccionar página

 

 

                                                     FESTIVAL FOLCLÓRICO SANTA COMBA 2008.

          Catro agrupacións folclóricas participarán o sábado 28 de xuño no Festival Folclórico Santa Comba 2008.

          O Festival comezará ás 16:30 horas coa concentración dos grupos diante do Edificio Multiusos, de onde partirán percorrendo as rúas Xosé Ferrero, Suárez Vence e Afonso Molina, para rematar no Campo da Feira, onde dará comezo o Festival ás 17:00 horas.

          Actuarán:

–          Grupo “RETROUSO” da Asociación de Veciños “A FERVENZA DE OUSANDE”. A ESTRADA- PONTEVEDRA.

–          ASOCIACIÓN XUVENIL “REGUEIFA” . VAL DO DUBRA-A CORUÑA.

–          ASOCIACIÓN CULTURAL “XEITURA” ESTEIRO-MUROS-A CORUÑA.

–          ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DO CONCELLO DE SANTA COMBA.

          O Festival serve como peche do curso da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa Comba.