981880075
Seleccionar página

 

FESTA DO ENTROIDO:   

    Durante o domingo de Entroido, lévse a cabo no pavillón de Deportes de Fontenla a Festa Infantil do Entroido. Esta festa está formada por un Concurso de Disfraces, inchables, espazo específico para “os máis pequerrechiños” e obradoiros para todos os nenos e nenas que queiran participar.  

   Para participar no Concurso de disfraces é necesario anotarse na Oficina de Cultura; dentro do prazo que marquen as bases.

       •    Bases do Concurso de Disfraces .- Ano 2008.

 

ENTROIDO SANTA COMBA 2008

 

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

 

PRIMEIRA.- PARTICIPANTES 

 

Poderán participar no concurso tódolos nenos e nenas de idades comprendidas entre 0 e 12 anos, de xeito individual, por parellas ou en grupos de ata cinco persoas. Os participantes deberán cubrir o formulario de inscrición. 

 

SEGUNDA.- LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN 

 

As solicitudes para participar no concurso entregaranse na Casa da cultura ou no Edificio multiusos do concello, entre o martes 28 de xaneiro e venres 1 de febreiro, ámbolos dous incluídos, en horario de mañá e o mesmo día ata o momento do concurso, no propio pavillón. 

 

TERCEIRA.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CONCURSO 

 

No pavillón polideportivo municipal, o domingo 3 de febreiro, ó remata-la festa do entroido, que dará comezo ás 17:00 h. e na que poderán participar tódolos rapaces xalleiros. 

 

CUARTA.- GAÑADOR DO CONCURSO 

 

O xurado estará composto polo concelleiro de cultura, polos patrocinadores do concurso (Ler Librerías  e Espaher, S.L)., ou persoas nas que deleguen,  e por unha persoa do público elixida ó chou. Para a designación dos gañadores, o xurado valorará o deseño dos traxes, a imaxinación, a orixinalidade e a simpatía dos participantes. 

 

QUINTA.- PREMIOS 

 

Un premio para o mellor grupo ou parella, dotado cun vale para material de libraría.Tres premios (1º, 2º e 3º)  para os mellores individuais, dotados dunha bicicleta, para o primeiro e o segundo e dun vale para material de libraría, para o terceiro. 

 

NOTA:  A participación neste concurso supón asumir todo o recollido nas bases. 

 

0 comentarios