EXCURSIÓN A FISTERRA
O Concello de Santa Comba participa no programa:
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.
Campaña deseñada pola Consellería do Mar, que ten por obxectivo transmitir aos nenos e nenas a importancia dos productos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.
Esta campaña pretende achegar aos nenos/as da nosa comunidade aos productos do mar, afondar no su coñecemento das especies e no papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos mariñeiros; así como achegar aos participantes á realidade dos portos e das vilas costeiras para que coñezan de primeira man o mundo da pesca e da acuicultura, e ensinarlles a coñecer e manipular os alimentos do mar dende un punto de vista gastronómico, empregando productos frescos como base para realizar pratos sinxelos.