CINEMAS DIXITAIS.
A Concellaría de Cultura do Concello de Santa Comba, a través da Axencia Audiovisual Galega, pon en marcha o proxecto Cinemas Dixitais, unha rede de exhibición alternativa de produción audiovisual.
O obxectivo principal é a recuperación de espaczos de exhibición pública; así como crear hábitos de asistencia.
Despois do primeiro programa, o concello pon en marcha os Cinemas Dixitais 2:
Ciclo de Documentais 1.
● CINEMAS DIXITAIS 2. CICLO “DOCUMENTAIS 1”.
Este ciclo está estruturado en grupos temáticos diferentes e integrados por traballos que veñen expoñer diferentes puntos de vista sobre cuestións tan controvertidas como o urbanismo e a vivenda; memoria; emigración e sociedade.
As proxeccións terán lugar no Edificio Multiusos.
TÍTULO |
MES | DÍA | HORA |
URBANISMO E VIVENDA | |||
1.- “Un metro cadrado”, 33´ “A casa de Lola de Andrés”, 34´ | marzo | 25 | 20:30 |
MEMORIA | |||
2.- “Bandoleiros ou guerrilleiros”, 51´ | abril | 8 | 20:30h |
3.- “Lobos sucios”, 32´ | abril | 15 | 20:30h |
4.- “A memoria dos tempos do volfram”, 55´ | abril | 22 | 20:30h |
EMIGRACIÓN | |||
5.- “Cabo Verde, Sabi”, 55´ “Mundo Bazar”, 11´ “Vilaboa, mirando á Meca”, 11´ | abril | 1 | 20:30h |
SOCIEDADE | |||
6.- “How soon is now?2050”, 52´ | abril | 29 | 20:30h |
0 comentarios