Ponse en funcionamento a Aula Auxiliar Mentor do Concello de Santa Comba adscrita ó I.E.S. San Clemente, ofertando máis de 50 cursos de diferentes bloques:
- Iniciación a informática
- PYME
- Ofimática
- Medios audiovisuais
- Deseño e autoedición
- Internet
- Electrónica
- Medio natural
- Saúde e educación
- Cultura e formación xeral
- Inglés.
O programa de Aula Mentor é un sistema de formación aberto e a distancia a través de Internet que se imparte nos centros EPA e IES autorizados mediante un convenio de colaboración entre a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e o Centro Nacional de Información e Comunicación do Ministerio de Educación. A atención ó alumnado realízase a través dun profesor-titor telemático e un administrador presencial que o orienta na xestión do curso e na utilización do soporte técnico.
- Cursos oficiais ofertados polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
- Cursos a distancia (non é necesario mestre pero si alguén responsable da aula que saiba algo de informática)
- Matrícula aberta todo o ano (menos xullo e agosto)
- Matrícula inicial, dous meses. (24 € mensuais)
- Duración variable segundo a dedicación do alumno.
- Haberá 5 convocatorias ó ano para poderse presentar ó exame final.
- Obtención dun certificado de aproveitamento, se se supera o exame
Para obter máis información pódense dirixir en horario de 16:00 a 22:00 horas ós seguintes números de teléfono: 981 81 87 10 é 663 74 65 23 ou ben de maneira presencial no Edificio Multiusos, Rúa Curros Enríquez s/n, Santa Comba.