ACTO “ 54 RÚAS CANTAN A CURROS”
A Concellaría de Cultura, está a organizar o acto: “ 54 rúas cantan a Curros “ para o vindeiro xoves 5 de xuño, por mor do Ano do I Centenario do pasamento do poeta Manuel Curros Enríquez.
A iniciativa parte da Fundación Curros Enríquez e consiste na organización dun acto conxunto en homenaxe a Curros Enríquez en todas aquelas localidades que posúen unha rúa co nome do poeta, caso no que se atopa o noso Concello.
Trátase de, entre tódolos colexios ou colectivos que desexen participar, organizar a lectura dunha escolma de poemas do autor, na rúa que leva o nome de Curros Enríquez ( no noso Concello, a rúa do Edificio Multiusos); ademais de preparar nas aulas a música da coñecida cantiga “Unha noite na eira do trigo”, para rematar o acto coa interpretación conxunta da devandita canción, co fin de que o mesmo día e á mesma hora unha ampla representación social de Galicia interprete a un tempo unha das cantigas máis queridas e coñecidas do pobo galego.
Data: xoves 5 de xuño ás 12:00 horas, co fin de celebrar a xornada na que un aínda mozo Manuel Curros Enríquez compuxo o poema “Cantiga” – logo popularizado a través da canción “ Unha noite na eira do trigo”-, é dicir, que sería o primeiro poema que escribiu en galego.
VEN E ACOMPÁÑANOS OU PARTICIPA
0 comentarios