Xa están aquí os contedores para a recollida separada de aceite de cociña usado!
No Concello de Santa Comba apostamos polo cumprimento das directrices europeas en materia de residuos. Entre elas, se atopa a obriga de establecer a recollida separada dos residuos perigosos de orixe doméstica, onde se inclúen os aceites de cociña.
Para elo, poñemos en marcha unha campaña de concienciación e sensibilización para a separación de aceites de cociña usados e a súa reciclaxe co obxectivo de incentivar o uso dos diferentes colectores de aceite adquiridos polo Concello de Santa Comba.
Como participar na campaña?
Para a cidadanía, terán dispoñible o material informativo e os funís na Casa do Concello e un QR nos contedores da rúa que dirixe ao usuario a toda a información da campaña na web!
Para grandes produtores, como establecementos hostaleiros, colexios e demais edificios de titularidade pública, facilitarase a información e ofrecerase a recollida do aceite producido por parte dun axente autorizado mediante a cesión de bidóns.
Para calquera dúbida sobre a reciclaxe ou o proceso de adhesión podes contactar co Concello a través do número de teléfono 981 88 00 75 ou enviando un correo electrónico a medioambiente@santacomba.es
Coa participación na campaña de reciclaxe de aceites de cociña usados estarás axudando a:
o Reintroducir un residuo no ciclo produtivo que sirve como materia prima para a elaboración de novos produtos.
o Cumprir cos obxectivos europeos de produción de enerxía renovables a través da produción de biocombustibles.
o Coidar o medio ambiente minimizando un residuo especialmente contaminante. o Evitar emisións de CO2 á atmósfera. A valorización dos aceites mediante a fabricación de biodiesel supón evitar as emisións de CO2 procedente do gasóleo substituído.
Grazas pola túa colaboración!
0 comentarios