981880075
Seleccionar página

Obras: Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

Plan: Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E). (DOG núm. 18, do xoves 25 de xaneiro de 2024).

O Concello de Santa Comba ven de realizar a execución das obras comprendidas no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025, cofinanciadas ao amparo da citada Resolución do 19 de decembro de 2023, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para a concesión das axudas correspondentes ao plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025, agás as partidas correspondentes co IVE, que son financiadas polo Concello de Santa Comba.

As obras comprendidas en dito Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024– 2025 son as comprendidas nos proxectos que se indican a continuación:

1.- “PROYECTO DE MEJORA DE CAMINOS MUNICIPALES DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS EN FONTECADA Y AMARELLE, cun valor estimado de 38.354,31 euros e 8.054,41 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 46.408,72 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro de 2024 e redactado polo  arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COAG.

As obras comprendidas neste proxecto núm. 1, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Fontecada e Amarelle” foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1359/2024, de data 04 de setembro, polo que se adxudican as obras á mercantil CONSTRUAGRO CIMARTIAN SL, polo importe total de 45.908,72 euros, o que supón unha baixa de 500,00 euros.

2.- “PROYECTO DE MEJORA DE CAMINOS MUNICIPALES DE ACCESO A PARCELA AGRÍCOLAS EN SANTA SABIÑA Y BAZAR, cun valor estimado de 35.880,50 euros e 7.534,91 euros de IVE (21%), que ascende a un total de 43.415,41 euros; cun prazo de execución de UN (1) mes; con data de febreiro de 2024 e redactado polo  arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle, colexiado núm. 5.096 do COATAC.

As obras comprendidas neste proxecto núm. 2, denominado “Proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Santa Sabiña e Bazar”, foron adxudicadas por Decreto de alcaldía núm. 1360/2024, de data 04 de setembro, polo que se adxudican as obras á mercantil EXCAVACIONES CANCELA SERVICIOS Y OBRAS SL, polo importe total de 42.628,90 euros, o que supón unha baixa de 786,51 euros.

0 comentarios