A alcaldesa do Concello de Santa Comba, María Pose Rodríguez, e a Concelleira de Deportes, Silvia Cancela Blanco, veñen hoxe de reunirse co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, coa intención de establecer unha liña de colaboración directa entre o Concello e o citado ente autonómico.
Entre as demandas que presentaron as mandatarias xalleiras están a solicitude para a construcción dunha pista multideportiva e a mellora e acondicionamento de diversas instalacións deportivas municipais.

0 comentarios