Santa Comba celebrou unha nova Poxa de Xovencas de raza frisona que se desenvolveu no recinto feiral, organizada por Africor Coruña e o concello xalleiro. En total vendéronse trece frisonas a unha media de 2.262 euros por lote e nunha suma total de 29.400 euros. Na poxa participou unha gandería da parroquia de Alón.
Durante o mediodía visitou a exposición de xovencas, a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, que foi recibida pola alcaldesa María Pose.
Posteriormente, Quintana e Pose acompañaron a directora xeral de producción agropecuaria, Patricia Ulloa, que ofreceu unha charla sobre a PAC no auditorio do multiusos.
0 comentarios