O Concello de Santa Comba presente no Congreso Fairway sobre o camiño de Santiago.
Onte inaugurábase da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o Congreso Fairway, primeira experiencia deste tipo sobre o Camiño de Santiago, onde entidades públicas e privadas contan con stands para a difusión das potencialidades presentes e futuras do camiño xacobeo.
O Concello de Santa Comba está presente no Stand do Camiño Fisterra- Muxía, a parte do Camiño de Santiago que se inicia no sepulcro do Apóstolo e percorre 9 concellos ata chegar ó fin do mundo.
O Concello xalleiro comparte espazo cos concellos de Ames, Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía, durante este evento que poderá ser visitado na capital galega ata o vindeiro domingo.
Na inauguración do stand e da mostra estivo presente o concelleiro de servizos, urbanismo, medio ambiente e agricultura, Miguel Caamaño, que aproveitou a ocasión para poñer en común co resto de representantes municipais distintas iniciaciativas referentes á futura promoción conxunta, desta parte do Camiño, con claras e definidas potencialidades turísticas para esta zona.
Polo Concello xalleiro pasa un pequeno tramo de aproximadamente 1 km. do Camiño, pola parroquia de Fontecada, no tránsito da etapa que os camiñantes fan entre Negreira e Dumbría.
0 comentarios