Creouse no ano 1836. O sete de xuño dese ano, na sesión da Deputación da Coruña, establécese o
Concello de Santa Comba tal como hoxe o coñecemos, coas dezasete parroquias e con 4.475 habitantes
naquel momento. No Trienio Liberal, concretamente en 1821, o que hoxe coñecemos como
Concello de Santa Comba estaba dividido en dous, o de Cícere e o de Xallas. Como xurisdición de Xallas
xa existía no século XVIII e hai moitos indicios que nos permiten situar as orixes históricas da fidalguía
local de Santa Comba antes de 1577, polas armas dos Caamaño conservadas no Pazo de Cícere de
Enriba, polo que a incrustación dominical da fidalguía rural xa era unha realidade no século XVI.
Documentos do ano 1209 permítennos saber que durante o reinado do monarca Afonso IX, en Xallas
existía un concello dependente do rei. Posteriormente sabemos da existencia doutro concello denominado
Ialles (Xallas) d'alcaya. Ó longo da historia e ata chegar á Santa Comba actual, estas terras denomináronse
Célticos, Xallas, Couto de Xallas, Ialles d'alcaya e San Pedro de Santa Comba do Couto de
Jallas.
0 comentarios