981880075
Seleccionar página

Este vindeiro sábado Santa Comba acolle a XVII edición da Poxa de Xovencas de raza frisona, unha cita tradicional organizada por Africor Coruña co apoio do concello de Santa Comba.

 

A xornada comenzará as 12,00 cunha visita da conselleira do medio rural, Rosa Quintana que ademáis inaugurará este día de actividades e dará paso a unha charla da directora xeral de producción agropecuaria, Patricia Ulloa, que se desenvolverá no auditorio do edificio multiusos.

 

E a partires das 15,30h no recinto feiral, iniciarase a poxa de xovencas de raza frisona. Tratase dunha compravenda subvencionada polo concello de Santa Comba que aporta 150 euros que se descontarán de cada transacción. Ademais xenética Fontao aporta seis dose de seme de recoñecidos touros (Melendi e Torrel).Ao remata da poxa sortearase unha tenreira