O concello de Santa Comba organiza varios cursos de formación. O prazo estará aberto durante todo este mes de maio. Tan pronto haxa un grupo mínimo de xente interesada establecerase a data de inicio das citadas modalidades formativas.
A oferta está composta polos seguintes cursos:
Condutor/a carretilla elevadora- Semipresencial. Duración: 20 horas.
Manexo de plataforma elevadora- Presencial- Duración:10 horas.
Sector construción. Prevención de riscos laborais. Semipresencial.Duración:60 horas.
Sector construción. Movemento de terras. Presencial. 20 horas.
Ademais desde a Oficina de Formación xalleira tamén se está coordinando un curso sobre etiquetado de alimentos na hostalaría.
Para inscribirse ou obter máis información sobre os distintos cursos os interesad@s poden dirixirse a Oficina de Formación e Emprego do concello de Santa Comba. Edificio Multiusos ou ben chamando ao 663728782 ou 981818710.
0 comentarios