O concello de Santa Comba quere facer unha valoración moi positiva da Cabalgata de Reis, celebrada o pasado luns 5 de xaneiro e que foi un auténtico éxito de participación, e que consolidan e lle dan máis relevancia a un evento tradicional na bisbarra.Foi unha das “cabalgatas” con maior participación da súa historia, tanto polos milleiros de persoas que a seguiron nas rúas da capital municipal e no recinto feiral, como pola presenza duns 160 voluntarios que colaboraron para que todo saira tan ben.
O percorrido polas rúas das carrozas reais, a animación musical, o Belén vivinte ou as distintas actividades estiveron a altura desta xornada tan especial para os nosos nenos e nenas.Como lembrou a alcaldesa no seu discurso de recepción das súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar “se algo caracteriza estas datas é a alta dose de ilusión que se respira e por esa enerxía que nos transmiten os nenos”:
Para María Pose esa ilusión é un sentimento asumido polo goberno local “para traballar e facer realizada que vaia aumentando a calidade de vida nas nosas aldeas e parroquias”.
Desde o concello de Santa Comba quérese a colaboración de tódolos veciños, así como do persoal de Protección Civil, Policía Local, Brigada municipal de Obras, persoal dos departamentos de Cultura e Educación do concello, alumnos de 4º Eso do IES Terra de Xallas, e todos cantos aportaron o seu grao de area para que a Cabalgata dos Reis Magos siga sendo un éxito de organización e participación, e encha de ledicia aos nosos nenos e nenas.
0 comentarios