O Museo Terra de Xallas acolle desde o pasado venres e durante todo o mes de xaneiro unha mostra cós traballos realizados polos alumn@s da escola municipal de Debuxo e Pintura.
Ao acto de inauguración asistiu a alcaldesa de Santa Comba, María José Pose Rodríguez. A exposición pode visitarse durante as fins de semana (sábados e domingos de 10-13h e de 17 a 20h.).
PREVISIÓN LUNS 22 DE DECEMBRO
Dentro das actividades de nadal que organiza o concello de Santa Comba para o vindeiro luns 22 de decembro, está programado o Festival de Nadal, a cargo da Escola municipal de música moderna do concello de Santa Comba. Será no salón de actos da vivenda comunitaria a partir das 20:00h.
As 19:00h no Museo Terra de Xallas terá lugar a presentación do partido benéfico que se disputará o vindeiro 30 de decembro en Fontenla entre o Coruxo e unha selección da Costa da morte.