01.08.07 O Plan Municipal de Protección Civil que xa teñen en marcha ou aprobados outros concellos de similares características ó de Santa Comba, é un documento que esixe a Xunta de Galicia en determinadas situacións de emerxencia, así como para diversos trámites e axudas convocadas pola Dirección Xeral de Protección Civil, e do que o Concello de Santa Comba non dispón ata o momento.
O Plan conterá a relación dos medios humanos e materiais que están a disposición do Concello de Santa Comba no caso de que o municipio e os seus habitantes estivesen expostos a un risco que supuxese danos para as persoas ou o patrimonio urbano. Así mesmo, recollerá tódalas pautas de actuación que se deben levar a cabo para facer fronte a estas emerxencias. Este texto reflectirá un medido exercicio de planificación e de coñecemento dos sinistros que poidan afectar á capital xalleira, así como as accións preventivas, as de control dos perigos que se deben poñer en marcha e as de autoprotección que ten que aplicar cada cidadán.
O Plan Municipal de Protección Civil estará adaptado á normativa vixente na Comunidade Autónoma e terá un exhaustivo catálogo de medios e recursos dispoñibles (públicos e privados), que estarán en constante actualización. Contará tamén con detallados mapas de risco que recollen as situacións de perigo que poden ter máis probabilidade de ocurrer en Santa Comba, como son incendios forestais, incendios ou explosións urbanas, incendios ou explosións industriais, inundacións por chuvias e desbordamento de ríos, vento, chuvias, accidentes de tráfico, transporte de mercadorías perigosas por estradas, concentracións humanas en espazos pechados e abertos e incluso nevaradas e accidentes aéreos. O fin último do plan é o de acadar un despregamento rápido e eficaz dos operativos municipais ante calquera situación de risco.
No organigrama do mesmo, o alcalde do concello será a máxima autoridade en materia de Protección Civil, polo tanto é o presidente do Plan Municipal de Protección Civil, nun organigrama no que terán cabida outros membros da corporación municipal que traballarán en estreita relación co Xefe do parque de Bombeiros, de Protección Civil e da Policía Local. Todos eles, xunto co secretario do concello, formarán a Comisión Local de Protección Civil, que terá fins de asesoramento e de coordinación dos distintos efectivos que se deban poñer en servizo para solventar a emerxencia. O Alcalde poderá, ademais, integrar neste órgano outras persoas representativas ou entidades vinculadas a Protección Civil, á Garda Civil, á Delegación do Goberno, ó Gobierno Galego, 112 ou 061 como membros permanentes ou como consultores para actuacións en temas concretos, e poderá convocar a este órgano ante una emerxencia prevista ou producida e poderá nomear un director técnico do plan, que coordinará os equipos de traballo despregados na rúa, e nomear un gabinete de información que se encargará de transmitirlle á poboación as medidas e comportamentos que se deben desenvolverr para acadar o bo funcionamento do operativo.
O Plan Municipal de Protección Civil activarase en función do grao de risco. Así, unha primeira fase é a de alerta, séguelle a alarma e posteriormente a emerxencia.
O ALCALDE COMPROMÉTESE COA ESCUDARÍA ESA MOTOR A SACAR ADIANTE O CIRCUÍTO DE VELOCIDADE E DARLLE UN APOIO CONCRETO Ó AUTOCROSS
01.08.07 Nunha xuntanza levada a cabo o pasado 30 de xullo no Centro Municipal de Cultura entre o alcalde e os membros da xunta directiva da Escudaría Esa Motor, organizadores da actividade deportiva que máis xente congrega en Santa Comba (5.000 persoas nas dúas probas puntuables para o Campionato Galego) como é o Autocross, o primeiro mandatario municipal comprometeuse a sacar adiante o Circuíto de Velocidade sobre Terra de Fontecada, que leva parado desde hai tres anos.
A Consellaría de Agricultura ten cedidos gratuitamente 56.720 m2, repartidos en dúas masas comúns de 18.010 m2 e 38.710 m2 cada unha na zona de Barbeira para o establemento de instalacións e equipamentos municipais a para práctica deste deporte; de feito, o anterior goberno investiu algo máis de 12.000 euros en rozados e limpeza superficial dos terreos para posteriormente acometer unha serie de obras encamiñadas a poñer en marcha un circuito que, por diversos motivos ,quedou parado.
Na actualidade, e ante as dificultades e alto custo que a Escudería Esa Motor está atopando para seguir mantendo o circuito actual na zona de Marlán, en terreos privados, que ademais son urbanizables, pretenden sacar adiante cando antes o proxecto do novo circuíto para seguir organizando probas do Campionato Galego e estudiar a posibilidades de optar ó Campionato de España.
Así mesmo, o alcalde tamén lle confirmou á directiva da escudaría que nos orzamentos municipais non existe ninguna partida presupostaria en concreto para o apoio o Autocross, o que leva a que a priori non se saiba o apoio municipal económico a esta actividade. José Antonio Ucha comprometeuse a solucionar este inconveniente e apoiar o Autocross cunha partida orzamentaria en concreto nos novos presupostos.
01.08.2007. A XX edición da marcha Cicloturístisca Ría de Noia tivo como un dos seus destinos, o pasado 11 de agosto, as terras do Xallas (Santa Comba e Mazaricos) discorrendo ademáis polo municipio de Noia, Serra de Outes, Negreira, Zas, Vimianzo, Dumbria e Mazarcios. A proba organizada pola Peña Ciclista Noela en colaboración entre outros do Concello de Santa Comba, Policía Local, Protección Civil e Grupo de Intervención Rápida, non é de carácter competitivo e está calendada pola Federación Galega de Ciclismo.
PISCINA CLIMATIZADA TAMÉN EN AGOSTO
01.08.2007. O Concello de Santa Comba negociou coa adxudicataria da xestión da Piscina climatizada, a empresa Aquagest, a súa apertura tamén en agosto, mes no que normalmente permanecía pechada o ser tempada de verán e abrir a que está o aire libre.
Con esta medida aténdese a unha vella reivindicación dos usuarios da instalación que vian interrumpida a súa actividade en diveros programas terapeuteticos e de rehabilitación.
ARRANXO DE BEIRARRÚAS NA ZONA URBANA
01.08.2007. Dous operarios da brigada de vías e obras municipais están dedicados de forma permanente ó adecentamento de todo o mobiliario urbano deteriorado, especialmente ó arranxo de beirarrúas e lousas despegadas que se enchen de auga e provocan salpicaduras ó pisalas, e incluso diversos accidentes. Trátase dunha das deficiencias que máis protestas suscitan entre os veciños.
INTERESE POR REFROTAR O MATADOIRO
02.08.07 Un dos asuntos polos que se interesou o novo rexedor é polo matadoiro mancomunado da Pereira. As naves que foron pasto das lapas meses atrás seguen sen acondicionarse porque a viabilidade do matadoiro non parece estar moi clara para os irmáns Pérez, que exercían como xestores das instalacións.
Ante esta situación, o novo goberno xalleiro sinala que unha das súas prioridades será democratizar a denominada mancomunidade Xallas-Tines-Tambre para impulsar de novo o matadoiro supramunicipal, sempre co apoio das axudas que poida conceder a Xunta de Galicia, e evitar os transtornos e perda de tempo que lles supón ós carniceiros desprazarse a outros matadoiros máis afastados.
O DEPUTADO DO PSOE, CEFERINO DIAZ, ANUNCIA AS OBRAS DA CASA CUARTEL XALLEIRA PARA O 2008
02.08.07 O deputado do PSOE Ceferino Díaz anunciou no día de onte, na súa visita a Santa Comba, o inicio das obras da casa cuartel de Santa Comba para “o vindeiro ano 2008”, data na que, ó seu xuizo, se porá dispoñer de consignación para a actuación nos Presupostos Xerais.
Trala xuntanza, na que tamién participaron o primeiro tenente de alcalde, Julio Ferreiro, xunto co comandante en funcións do posto da Benemérita e o cabo da Policía Local, as autoridades desprazaronse ata a parcela de Marlán de 3.832 m2 (a metade dun campo de fútbol, aproximadamente) na que están proxectados os dous inmobles, un para a base e outro para os pisos e apartamentos. Así, o primeiro edificio terá un local e tres prazas de garaxe, mentres que o seguinte estará composto por sete vivendas e outros tantos estacionamentos. As dimensions dos pisos oscilarán entre 48 e 107 m2.
Entre outros servizos, o cuartel disporá de calabozos e área de atención o cidadán, concibida tamén para asistencia a mulleres e menores. Desta forma, superaranse as limitacions do actual cuartel, na casa da cultura, grazas a un presuposto de 1.622.507 euros.
Na súa intervencion, Díaz refiriuse ó compromiso de Interior para incluir vivendas nos cuarteis rurais. O rexedor, pola súa parte, anunciou que “sen paralizar o proxecto, esperamos engadir ata 19 pisos para os axentes”.
Cómpre indicar que a construción da casa cuartel foi unha iniciativa do ex-alcalde José Manuel Arufe Rieiro a través do Ministerio de Interior dependente do goberno da nación, presidido daquela polo socialista Felipe González. Despois de estar parado por diversas circunstancias durante máis dunha década o ministerio, xestionado tamén na actualidade por un goberno socialista, o de José Luis Rodríguez Zapatero, construirá esta tan demandada e necesaria instalación para Santa Comba.
O CONCELLO VAI INVENTARIAR TÓDOLOS SEUS BENS
03.08.07 O Concello de Santa Comba xa estableceu os primeiros contactos cunha empresa privada para a realización do inventario de bens municipiais. A primeira fase terá un custe, aínda sen confirmar, de aproximadamente 12.000 euros e comezará polo inventario de inmobles e propiedades, para posteriormente irse ampliando a camiños, vehículos e material.
VIVENDAS SOCIAIS, AXUDAS A REHABILITACIÓN DE VIVIENDA E PARQUE EMPRESARIAL, OBXECTOS DA ENTREVISTA CON ENCARNA OTERO, DIRECTORA XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA
08.08.07. Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda. O alcalde de Santa Comba, mantivo no día de onte unha xuntanza coa Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, na que puxo de manifesto a "inexistencia de vivendas de protección social" na capital xalleira, carencia que espera atallar esta mesma lexislatura, despois de avanzala existencia de terreo público para ceder en plena zona urbana.
Na toma de contacto falouse, igualmente, de distintas axudas e subvencións para a rehabilitación de vivendas como alternativas, á espera de fraguar un acordo máis amplo. Otero, pola súa parte, comprometeuse a remitir a pertinente documentación e iniciar os trámites de cara a posteriores entrevistas que poidan levar a bo fin a iniciativa. Na xuntanza tamén estivo presente un técnico municipal, que indicou a situación das parcelas de titularidade pública que poderían servir para levantar vivendas de protección.
De igual forma, e aínda que non depende do departamento que dirixe Otero, tratouse a necesidade de dimensionar e poñer en valor o polígono industrial, coa disposición de máis solo industrial que faga de Santa Comba unha localidade apetecible para a industria. Otero amosouse disposta a colaborar na medida das súas posibilidades.
SANTA COMBA TERÁ OUTRO PARQUE EÓLICO
09.08.07. Eolica Galenova S.L.. Caixanova. A firma Eólica Galenova S.L., participada por Caixanova, promoverá no Concello de Santa Comba un parque eólico denominado Vila Martiño, que afectará tamén a terreos dos municipios veciños da Baña e do Val do Dubra.
A Consellaría de Industria xa aprobou o expediente, que estivo en fase de exposición pública dun parque que terá unha potencia máxima de 37 megawatios, a razón de dezanove aeroxeneradores cunha potencia de dous mil kilowatios cada un.
A instalación destes aeroxeneradores afectará a sete parroquias repartidas de forma distinta entre os tres concellos. No caso de Val do Dubra, o parque centraráse nas zonas de Rial e Coucieiro, mentras que no municipio xalleiro o ámbito do parque incidirá na zona de Freixeiro. O Concello de A Baña será o máis afectado en canto a número de parroquias implicadas, xa que afectará a terreos das parroquias de Marcelle, Cabanas, Lañas e Barro.
O aproveitamento máximo previsto para este futuro parque é de 2.412 horas o ano e o terreo afectado será de 3.800 m2, xa que cada un dos 19 aeroxeneradores necesita unha superficie de douscentos metros a redonda.
Cada uno dos aeroxeneradores terá unha altura de 78 metros e unhas aspas de 86,6 metros de longo. O proxecto técnico inclue en cada uno deles o seu correspondente transformador de enerxía eléctrica. Ademáis, todo o parque eólico estará conectado por unha rede eléctrica subterránea de media tensión. Toda a instalación complementase cunha subestación transformadora da enerxía que xenere o parque.
AS XUNTAS DE GOBERNO LOCAL QUEDAN FIXADAS PARA O 2º E 4º MERCORES DE CADA MES AS 20 HORAS
09.08.07 O Alcalde dou conta a Xunta de Goberno Local número 15/07 do 8 de agosto de 2007, do Decreto número 802/2007, por medio do cal se establecen os días e horarios de reunión da Xunta de Goberno Local. En sesión ordinaria reunirase con periodicidade quincenal tódolos segundos e cuartos mércores de cada mes, ás 20 horas. Se ese día cadra santo, a sesión trasládase á véspera ou data que se designe pola alcaldía, previa consulta cos concelleiros que a conforman. As extraordinarias e extraordinarias urxentes celebraránse cando con tal carácter sexan convocadas pola alcaldía.
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO DIA 8 DE AGOSTO DE 2007 APROBA CINCO LICENZAS DE OBRAS E DUAS LICENZAS PROVISIONAIS DE ACTIVIDADE
09.08.07 No apartado de licenzas e de actividade a Xunta de Goberno Local número 15/07 do 8 de agosto de 2007, e dada conta dos respectivos expedientes e informes obrantes nos mesmos, acordou prestar aprobación as seguintes:
LICENZAS DE OBRAS MAIORES
31M/07 Manuel Ferreiro Cives, veciño de Aylesbury, Reino Unido, licenza para construcción dunha vivenda unifamiliar illada e garaxe, sita no lugar e parroquia de Cícere, de acordo co proxecto básico de execución presentado, redactado pola arquitecto, Dona Ana María García Gerpe. A calificación está dentro de “suelo de núcleo rural (grao 2) ou disperso”. Esta obra leva consigo a aprobación dunha liquidación da taxa pola expedición de licenza urbanística por importe de 124,93 euros, cunha liquidación provisional correspondente ao ICIO por importe de 2.425,50 euros.
32M/07 Electra Santa Comba S.L., licenza para liña de media tensión subterránea e centro de transformación Carreiro (L.M.T.S e C.T. Carreiro), en Santa Comba, de acordo co proxecto presentado, redactado polo enxeñeiro técnico industrial, D. Antonio Sabín Vázquez. Trátase dunha condución eléctrica en Suelo Urbano para a que será preceptiva a autorización sectorial que corresponda emitir á Consellería de Innovación e Industria, para a posta en funcionamento das instalacións. A instalación leva consigo a aprobación dunha liquidación da taxa pola expedición de licenza urbanística por importe de 64,52 euros, cunha liquidación provisional correspondente ao ICIO por importe de 439,59 euros.
33M/07 Faustino Rodríguez Araujo, veciño de Madrid, licenza para demolición dunha edificación de planta baixa e edificación anexa de planta baixa, sita na rúa Coruña esquina rúa emigrante, desta localidade, según proxecto presentado e redactado polo arquitecto, D. José Luis Torres Padín, e non variando as actuais condicións de aliñación e medio. A demolición leva consigo a aprobación dunha liquidación da taxa pola expedición de licenza urbanística por importe de 64,52 euros, cunha liquidación provisional correspondente ao ICIO por importe de 38,70 euros.
LICENZAS DE OBRAS E PROVISIONAL DE ACTIVIDADE
Concesión de licenza provisional para a actividade dun supermercado a Supermercado Mercamas Tuñas, e licenza para acondicionamento de local destinado a mesma actividade, sito na Avda do Brasil esquina rúa Eduardo Pondal, de acordo co proxecto presentado polo enxeñeiro técnico Industrial D. Ramón Docampo Alonso. As autorizacións levan consigo a aprobación dunha liquidación da taxa pola expedición de licenza urbanística por importe de 64,52 euros, cunha liquidación provisional correspondente ao ICIO (Imposto sobre construcción instalación e obras) por importe de 1.941,45 euros, e unha liquidación de taxa de licenza pola apertura de establecemento por importe de 483,92 euros.
Concesión de licenza provisional para a actividade dun café-bar a D. José Manuel Ríos Pena veciño de As Casillas nº 53 Ordes, e licenza para acondicionamento de local destinado a mesma actividade, sito na rúa Galicia nº 26 esquina rúa Lugo, desta localidade, de acordo co proxecto básico e de execución presentado, redactado polo arquitecto, D. Leandro M. del Río Regos. As autorizacións levan consigo a aprobación dunha liquidación da taxa pola expedición de licenza urbanística por importe de 64,52 euros, cunha liquidación provisional correspondente ao ICIO (Imposto sobre construcción instalación e obras) por importe de 1.389,85 euros, e unha liquidación de taxa de licenza pola apertura de establecementos por importe de 483,92 euros.
O CONCELLO ESTUDIARA A INSTALACION DUN PUNTO DE LUZ NA PEREIRA E O ACHANTAMENTO DUN CAMIÑO EN VENTOSA
09.08.07 A Xunta de Goberno Local número 15/07 do 8 de agosto de 2007, acordou tomar coñecemento das solicitudes presentadas por Dna. Patricia Fernández Pino, veciña das Maroñas (Mazaricos), para a instalación dun punto de luz fronte do establecemento, Parrillada San Luis, que ten alugado no lugar de Vilar de Abaixo-A Pereira, e a presentada por Dna. Luz Divina Calvo Ventosa, veciña do lugar de Ventosa para que se proceda cunha pa a achantar un camiño igualando o fondo do mesmo. As peticións trasládanse ao concelleiro-delegado de obras que solicitará os informes municipais pertinentes para verificar a necesidade ou non de atender ditas peticións.
O ALCALDE DA CONTA A XUNTA DE GOBERNO DOS GASTOS AUTORIZADOS E DAS SUBVENCIONS RECIBIDAS DE DIVERSOS ORGANISMOS
09.08.07 En base as atribucións que o alcalde delegou na Xunta de Goberno Local sobre a aprobación dos gastos que superen os 3.000 euros, e non teñan carácter de periódicos e obligatorios, o alcalde dou conta a Xunta de Goberno Local número 15/07 do 8 de agosto de 2007, da autorización dos gastos autorizados previa proposta dos servizos municipais correspondentes, sendo fiscalizados previamente pola intervención municipal, para adquisición de subministracións destinadas ás obras e servizos municipais e que necesariamente deberán ser aprobados pola Xunta de Goberno Local por te-la competencia delegada pola alcaldía.
En base a elo a Xunta de Goberno acordou tomar coñecemento dos gastos autorizados con data de retención de intervención de 7 de agosto de 2007, por importe de 4.097,50 € en concepto de adquisición de madeira a empresa Talleres Hércules para un curso de carpintería. Así como a aprobación do gasto, que será aboado por conta das partidas sinaladas pola intervención municipal, para facer fronte a factura presentada pola empresa Comturpre SL (Camping O Preguntoiro) por importe de 3.333,91 euros en concepto de estancia de nenos participantes nos campamentos de verán no citado camping.
No apartado de subvencións o alcalde dou conta a Xunta de Goberno dunha subvención de 3.100 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para gastos de funcionamento do Xulgado de Paz. Outra por importe de 4.387 euros (73% do investimento total subvencionable) procedente do Instituto Galego de Consumo dependente a súa vez da Consellería de Innovación e Industria para funcionamento da Oficina de Consumo (OMIC) no ano 2007.
Finalmente o alcalde, informou das rutas coas que a Dirección Xeral de Transportes beneficiou o Concello de Santa Comba baixo o programa e a marca NoiteBus de autobuses nocturnos a movida nocturna Xalleira dos fins de semán.
COS NOVOS BOMBEIROS REDUCCION DE PERSOAL DO GRUMIR
13.08.07 O alcalde de Santa Comba, O socialista Xosé Antonio Ucha, expresou o seu compromiso de cara a mantener operativo o grupo municipal de intervención rápida (Grumir). Pero eso sí, levando a cabo unha evidente reducción de persoal, toda vez que este mesmo ano está previsto que entre en funcionamento o parque de bomberos con 18 efectivos.
A xuicio do mandatario local, "temos que ter un grupo operativo, pero con menos efectivos porque, a pesar de que teñen funcións distintas ás dos bombeiros, está claro que nalgúns campos se solapan, e chegamos a ter ata 22 operarios municipais destinados a estes labores". O seu compromiso, desta forma, é decidir en datas próximas "se quedaremos cun grupo ou con dous do Grumir, pero o que si podo asegurar é que non desaparecerá o servicio". Ucha é da opinión de que "adquirimos vehículos, o último un pick up para labores de intervención, e material para excarcelar, e o que non pode facer este concello é unha desinversión".
GRUA CON CESTA PARA USO MUNICIPAL
14.08.07. Concello de Coristanco. O pasado 16 de xullo o alcalde do concello reuniuse co seu homónimo de Coristanco de cara a establecelas medidas encamiñadas a transferencia á Xunta de Galicia por parte da Deputación Provincial da Coruña da estrada provincial de 21 Km que une ambas localidades e a súa futura conexión co novo corredor que o goberno autonómico está construíndo entre Carballo e Fisterra.
Naquel intre o alcalde xalleiro informou que estrada era un dos motivos principais da xuntanza, aínda que había outros encamiñados a establecer unha serie de colaboracións conxuntas, aproveitando a proximidade e o límite municipal entre ambos, colaboracións que se farían publicas unha vez que estas estiveran totalmente ultimadas.
Agora desde a administración municipal xalleira dan conta do acuerdo alcanzado co Concello de Coristanco para o uso conxunto da grúa con cesta que poseen no concello bergantiñán, algo do que carece o Concello de Santa Comba e que lle permitirá a brigada de vías, obras e servizos municipais realizar con máis eficiencia traballos de poda de árboles, arranxo de alumbrado e montaxe de calquer tipo de mobiliario urbán entre outros.
O CONCELLO FARA UN ESTUDIO PARA REDUCILO GASTO ELECTRICO APROVEITANDO A DESAPARICION DA TARIFA NOCTURNA
17.08.07. Electra Santa Comba. O Concello de Santa Comba ten contratado con Electra Santa Comba S.L. a tarifa 2.0N de discriminación horaria (tarifa nocturna) cunha potencia de 3.450 watios para horas diurnas, e un térmico xeral de 17.250 watios para horas nocturnas, que deberá ser obligatoriamente modificado, xa que o Real Decreto 871/2007 de 29 de xuño, establece a desaparición de dita tarifa a partir do 1 de xullo de 2008, polo que os consumidores acollidos a este sistema de tarificación deberan comunicar a empresa distribuidora a nova tarifa a que desexan acollerse.
Nun principio a empresa Electra Santa Comba instou o concello a que lle indicara antes de finais de agosto do 2007 a potencia que desexaba contratar, ainda que este prazo ampliaráse suficientemente, xa que desde o concello considerase que antes de tomar unha decisión débense retomar expedientes que requiren un estudo en profundidade da situación real do concello no que se refire a consumo enerxético, e o prazo dado nun principio por Electra Santa Comba impide adoptar unha resolución que leve a conquerir uns resultados satisfactorios para os intereses xerais do concello.
3.000 EUROS PARA ARRANXO DOS BAÑOS NO COLEXIO BARRIE DE LA MAZA
20.08.07 Atendendo a unha petición feita pola dirección do Coléxio Barrie de la Maza, persoal da brigadda municipal de vías obras e servizos, procedeu o arranxo dos baños exteriores do Coléxio Barrie de la Maza para que poideran estar en óptimas condicións o comenzo do curso. O importe total da obra alcanzou os 3.009,20 euros.
O CONCELLO INSTA A XUNTA DE GALICIA A RESTITUCION DE DUAS PARADAS DE AUTOBUS EN CASTRIZ
22.08.07. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Antes as queixas presentadas por varios veciños de Boimente na parroquia de Castriz, motivadas pola eliminación de dúas paradas de autobús escolar que existían dende fai máis de trinta anos e que foron eliminadas sen motivo aparente, desde a alcadia, e visto o informe da Policía Local, no que se acredita que non se ve problema para que o transporte escolar poida circular con normalidade pola estrada que vai dende Boimente-Castriz ata o Colexio Pepe Xan Baña, sito en Traba, na mesma parroquia, instouse a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a que restitúan as dúas paradas de autobús no lugar que xa existían, erradicando con esta medida a situación que actualmente veñen sufrindo os veciños do mencionado lugar que teñen nenos en idade escolar.
A eliminación destas paradas está causando un especial prexuicio a dúas nais, con fillas de catro anos de idade, que non teñen vehículo propio para desplazalas o colexio, situado a unha distancia de 1.650 m e 750 m respectivamente de cada un dos domicilios. As nais indican que “a estrada que vai o colexio non dispon de beirarrúas e as nenas teñen que camiñar a diario pola estrada… enferman a consecuenca da choiva e o frío pasando máis tempo enfermas na casa que no coléxio”.
As nais tamén se queixan que “o suprimir o servizo de bus que existía en Boimente añadiron outra parada no lugar de Frieiro, feito polo que este lugar ten agora tres paradas de bus cunha distancia entre elas de 150 metros e Boimente ningunha”.
SOLICITASE UNHA AXUDA PARA PRORROGAR A CONTRATACIÓN DUN AXENTE DE EMPREGO
23.08.07 O Concello de Santa Comba soliccitou a Consellería de Traballo unha subvención por importe de 27.046 euros para a prórroga da contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local. A cantidade solicitada corresponde ao 80 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos.
OS XALLEIROS DISFRUTARON DUNHA NOVA CITA COA BICICLETA
27.08.07 O domingo 26 de agosto o redor das nove da mañan celebrouse o X Día da Bicicleta organizado pola oficina de deportes do concello. Pese a que o día ameazaba tormenta, na capital do Xallas luciu un espléndido sol, o que favoreceu o percorrido trazado pola organización.
A ruta que con contou con preto de 200 participantes foi duns 25 kilómetros polo municipio xalleiro e o finalizar, todolos participantes poideron disfrutar dunha comida campestre na área recreativa fluvial de Esmorode, donde ademáis se fixo entrega de obsequios a todolos ciclistas participantes, además do sorteo dunha bicicleta.
Como preparación previa a competición, o mércores 22 e o xoves 23, a Concelleiría de Deporte organizou un circuito vial e un monográfico de primeros auxilios en relación coa utilización da bicicleta.
As actividades estiveron abertas o todo o público en xeral co único e obligatorio requisito da utilización do casco. A saída foi dada polo Alcalde e o concelleiro Julio Ferreiro, e nas actividades tamén participou o propio alcalde xunto con persoal do concello
NOVA ETAPA DE COLABORACION MUNICIPAL COA ASOCIACION DE EMPRESARIOS
31.08.07. Asociación de Empresarios. A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Santa Comba, mantivo o 30 de agosto unha xuntanza co rexidor de Santa Comba, D. José Antonio Ucha Velo.
O Alcalde visitou as instalacións do local social da Asociación situadas na Rúa Pontevedra de Santa Comba, acompañado en todo momento polo Presidente da entidade D. Antonio Landeira Gallardo e demáis membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios.
Alí mantiveron un diálogo fluido e positivo e desde as dúas institucións comprometéronse a colaborar mutuamente en diversos temas xerais que poidan ser importantes para o pobo en temas específicos da entidade como pode ser a ampliación de locais de formación, actividade moi demandada entre os empresarios e traballadores.
Asímesmo a patroal e mailo concello acordaron coordinar de forma conxunta a Feira Expomóbil, desta forma queda claro o interés mutuo de colaboración abríndose a partir de agora unha nova etapa de diálogo entre o Concello e a Asociación de Empresarios, deixando atrás os ennfrontamentos que anteriormente había entre ás dúas entidades.
O GOBERNO MUNICIPAL ARROUPA OS SAHARAUIS NA SÚA DESPEDIDA
31.08.2007. O pasado 31 de agosto os concelleiros Julio Pedro Ferreiro Pazos e Blanca Ruzo Blanco arrouparon os nenos saharuis e as súas familias nos seu retorno os campamentos de refuxiados do deserto do Sahara despois de que botaran dous meses acollidos por familias xalleiras co apoio económico do concello. Anteriormente o Alcalde xa lle dera unha recepción oficial con almorzo.
0 comentarios