981880075
Seleccionar página

Varias Axudas Publicadas no DOG

1. Axudas fomento silvicultura

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-221215-0007_gl.html

 

2. Axudas  para a reforestación e para a creación de superficies forestais,

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-221215-0006_gl.html

 

3. Axudas  para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola

Beneficiarios das axudas:

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como:agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sostibilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-231215-0016_gl.html

 

4. Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catastrofes en montes veciñais en man común e Sofor

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-231215-0010_gl.html

 

5. As axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais,

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-231215-0001_gl.html

 

6. Axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando, en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-221215-0005_gl.html

INFORMACIÓN XERAL – PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

O Concello de Santa Comba, en colaboración coa Dirección Xeral do Catastro, ofrece un novo servizo ós seus veciños. Trátase do Punto de Información Catastral. Isto supón que o propio concello poderá obter certificacións e consultas sobre datos catastrais non só literais ou alfanuméricos, senón tamén cartográficos, co que se evitarán, así, desprazamentos ás instalacións da propia Dirección Xeral, ó tempo que se lles facilitará o acceso ás persoas que non dispoñen de medios telemáticos que lles permitan a consulta a través da Oficina Virtual do Catastro.

Lugar: Casa da Cultura, Avda. Alfonso Molina s/n, 15840, Santa Comba

Horario: De 10:00 h a 13:00 h

Teléf: 981 880 275

Curiosidades

Curiosidades

CURIOSIDADES SOBRE OS LIBROS DE ACTAS DO CONCELLO, DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA E OS PROBLEMAS POLÍTICOS Ó LONGO DA HISTORIA

 

 

Os datos aquí indicados proceden dos libros de actas municipais do Concello de Santa Comba e do Boletín Oficial da Provinca da Coruña (BOP) que nos permitirán ter un coñecemento máis completo deste municipio. AÍnda que hai que indicar que gran parte da documentación do arquivo municipal ata o ano 1873 foi queimada adrede para suprimir calquera rastro relacionado co imposto de consumos. De feito, na sesión extraordinaria do pleno do 10 de maio de 1872 dábase conta “do atentado perpetrado a madrugada d 8 ó 9 na Casa do Secretario (sede do arquivo municipal) no que se queimou a documentación existente ata ese momento. O Alcalde (Rodrigo Ordóñez) cualifica de catástrofe o ocurrido e ordena que se faga un inventario e recoñecemento dos documentos que puidesen quedar”. Non faltaban os que pensaban que aquela causa non era real, e que o arquivo o queimaron para agochar documentación que afectaba a persoas moi concretas, sobre todo, co fin de eludir as súas obrigas fiscais. Na sesión do 24 de abril de 1874, recordábase a situación xeral do concello, entre a que estaba incluía o arquivo,  “reflicte toda a caótica situación municipal dos últimos anos, que parece ser moito máis grave ca noutros concellos con amotinamentos, mortes, incendio do arquivo municipal… reflexo da Guerra Carlista, o único culplable é un Anxol malo que cerne as súas negras ás sobre nós, onde o clero actúa de maneira significativa como elemento desestabilizador”.

(más…)