981880075
Seleccionar página

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN MATERIA DE:

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN MATERIA DE:

“3.35. Festas, verbenas e outros eventos populares.

1 – Dada a peculiaridade, popularidade e tradición destas celebracións, as festas, verbenas e outros eventos populares poderán iniciar a súa actividade, sempre que se respecte unha capacidade máxima dunha persoa por cada tres metros cadrados da superficie útil do recinto, ata un máximo de 1.000 persoas para os espazos cunha superficie útil menor ou igual a 8.000 metros cadrados. No caso de que a superficie útil do recinto sexa superior aos 8.000 metros cadrados, o límite máximo será de 2.000 persoas, sempre que se manteña unha persoa por cada tres metros cadrados de superficie.

2 – Deberase acoutar o espazo destinado ao evento de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto, que deberán estar identificados con claridade. Estableceranse controis de capacidade nas entradas e saídas do recinto e adoptaranse as medidas necesarias para evitar aglomeracións nestes puntos.

3 – No caso de festas, verbenas ou outros eventos populares en que exista un escenario, deberase establecer un perímetro cercado con 4 metros de distancia entre o escenario e o público. En ningún caso se permitirá o acceso de persoas do público ao escenario.

4 – Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior do recinto e para evitar aglomeracións, e poderán establecerse medidas para acoutar ou sectorizar zonas, tendo en conta, en calquera caso, a normativa de seguridade que sexa de aplicación.

5 – Tanto os asistentes como o persoal de organización deberán portar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles e mensaxes de megafonía, a devandita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene e prevención que deben observar.

A organización non deberá permitir a presenza no recinto daquelas persoas que incumpran esta obriga.

6 – Disporanse dispensadores de solución/xel hidroalcohólico ou antisépticos con actividade virucida debidamente autorizados e rexistrados nos puntos de entrada e saída do recinto, así como en diferentes puntos dentro do recinto (tales como establecementos de restauración, aseos e postos de venda de produtos).

7 – Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán aplicarse as condicións previstas especificamente para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración, no caso de que se preste algún tipo de servizo deste tipo, así como os protocolos ou as guías que poidan ser aprobados pola Administración autonómica para estas actividades. No caso dos espectáculos musicais, aplicarase o establecido no número 2.12.

8 – A celebración de romarías, desfiles, exhibicións de música ou baile ou actividades similares en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública deberá desenvolverse nas condicións que deberá determinar a autoridade municipal correspondente. Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou o itinerario e a asistencia de público estará limitada a un máximo de 1.000 persoas.
Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente, e o uso de máscara será obrigatorio para os participantes e para o público asistente”.