981880075
Seleccionar página

Xornadas Técnicas XXIII Poxa de Gando Frisón

🐄 Este mes de xaneiro, Santa Comba acolle a XXIII Poxa de Gando Frisón no Recinto Feiral, acompañada de interesantes xornadas técnicas! Un evento imperdible para profesionais e amantes do sector gandeiro.

📅 Venres 24 de xaneiro no Auditorio do Edificio Multiusos:

– 11:00h: Enfermidades emerxentes. EHE e Lingua Azul, a cargo de Raúl Martínez. (Organiza: ADSG Santa Comba)

– 11:40h: Xenómica, deseña as vacas do futuro, con José Antonio Jiménez Montero. (Organiza: AFRICOR Coruña)

– 13:00h: Manejo de tenreiras en amamantadoras: do nacemento ó destete, impartido por Carlos Carbonell. (Organiza: Cooperativa Xallas)

📅 Sábado 25 de xaneiro no Recinto Feiral:

– Chegada, aloxamento e control veterinario dos animais.

📅 Domingo 26 de xaneiro no Recinto Feiral:

– 11:00h: Celebración da esperada XXIII Poxa de Gando Frisón.

– 17:00h: II Xornada de Introdución á Poda e Inxerto, por Manuel Calvo. (Organiza: Novo Campo)

Unha oportunidade única para aprender, compartir experiencias e gozar da tradición gandeira da nosa comarca. Non faltes!

#SantaComba #GandoFrisón

Fecha

Ene 26 2025
Finalizdo!

Hora

9:00 am - 9:00 pm

Localización

Auditorio Edificio Multiusos
Rúa Curros Enriquez, Santa Comba, A Coruña

Categoría

Código QR