
Ciclo Verbas da Terra
📖🌺 Abril e maio son os meses do libro e das letras, e en Santa Comba queremos celebralos coas nosas autoras e autores locais.
📍 A Biblioteca Pública Municipal organiza, os venres ás 20:00 h, encontros literarios coas nosas escritoras e poetas. Conversaremos sobre o papel da terra na literatura e na escrita, sobre as marabillosas obras que nos últimos anos foron colocando a nosa contorna no panorama editorial e, sobre todo, sobre a experiencia de escribir dende o rural e co rural no corazón.
🪶 Grandes plumas farán voar a nosa imaxinación e mergullarannos no fantástico mundo da creación literaria.
Non perdas a ocasión de coñecer as nosas autoras e autores, as súas obras e as extraordinarias realidades narrativas coas que nos agasallan. Agardámoste na biblio!
👩💼 O primeiro encontro será o 25 de abril con María Carmen Caramés Gorgal, gañadora, entre outros, do premio literario Pinto e Maragota, que falará da súa premiada novela “La casa de la mina”, ambientada na nosa vila.
🖋 O 9 de maio será a quenda de Lorena Guillín, artista das palabras e das imaxes, que nos falará do seu libro “A las personas que me quisieron y a mí”.
🎭 O 16 de maio contaremos con dúas voces: Regina Muñiz e Natalia Lema, que entablarán un diálogo sobre as mulleres rurais na literatura actual e rematarán cun recital poético.
🌸 O 23 de maio Cristina Guillín volverá levarnos polas paisaxes literarias de Hiedra, unha obra que bebe das augas de Bazar e dun realismo máxico moi galego.
📖 Pecharemos o ciclo o 30 de maio cos versos de Manuel Durán, que dende Santa Comba transmite a voz poética dunha xeración entre a terra e a emigración.
#VerbasDaTerra #EncontrosLiterariosSantaComba #BibliotecaMunicipalDeSantaComba
