Malasombra “Testosterona”
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto nas mans de un dos seus dous subdirectores. Unha é muller, o outro home. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..
Poderiamos dicir que A TESTOSTERONA é unha comedia, aínda que sexa posiblemente certo ese etiquetado, pouco nos serviría, pois só se referiría á envoltura e a razón da elección deste texto non está na forma, aínda que non a menosprezar, senón nos contidos que compoñen a peza.
A TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan propónnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso dibuxado nos nosos labios ao ver as peripecias destes personaxes.