Malasombra “De algo hai que morrer”
Conferencia fúnebre-cómico-teatral.
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación do mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.
Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.
A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?
A inmortalidade. Como sería o mundo se fóramos inmortais?
As sinalizacións. A morte chega sen avisar ou existen pistas que a anuncian?
Formas de morrer. Morremos sempre de súpeto?
O suicidio creativo. Goza do teu último momento.
O asasinato. Son os xenocidas heroes ecolóxicos incompredidos?
A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.
O enterro (ou como desfacerse do cadáver).
A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de finados.
O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?