IV Carreira San Silvestre
🎉 Que actividade máis propia do Nadal que unha San Silvestre se vos pode ocorrer? Ningunha, verdade? Por iso, para entrar en calor (literal e figuradamente), agardámosvos para vir correr ou andar tod@s xunt@s este 28 de decembro na IV Carreira San Silvestre.
⏰ A saída será ás 11:00, así que vai preparando as zapatillas… e o disfraz! 🦄 👟
👶 @s máis pequen@s tamén poden participar, xa que teremos categorías especiais:
➡️ Para @s pituf@s (de 0 a 6 anos), un percorrido de 150 metros, perfecto para comezar.
➡️ Para os escolares (de 7 a 12 anos), un reto de 1 km que será pura diversión.
🏃♂️ E para @s maiores, a categoría absoluta (de 13 a 99 anos) propón un percorrido de 5 km para pasalo ben e, se queredes, “picárvos” un chisquiño entre vós.
➡️ Se prefires algo máis tranquilo, tamén podes participar na andaina e gozar do ambiente ao teu ritmo.
✅ As inscricións son totalmente gratuítas en www.santacomba.es/reservas.
🎉 Non deixes pasar esta oportunidade de pechar o ano correndo (ou paseando) entre amigos. Agardámoste! 😊
#NadalenSantaComba #SantaCombaDeportes