II San Silvestre Acuática Solidaria
🏊🏻♀️🎅🏻💦 Volve a proba deportiva máis divertida, gamberra e participativa do Nadal Xalleiro!
O 14 de decembro ás 11:00, na piscina municipal, celebraremos a II San Silvestre Acuática Solidaria do noso concello e ti non podes faltar porque un ano máis vamos a pasalo bomba.
🏃🏻♀️🚴🏻🤾🏻♀️⚽️🥋Este ano queremos que os clubs deportivos do noso concello sexan os protagonistas e compitan entre si para ver cal se alzará coa coroa de gañador pero, sobre todo, para ver cal consigue ser o máis solidario.
Así que se queres divertirte e aportar o teu graniño de area escolle cal é o teu equipo favorito e non dubides en anotarte. Vamos a nadar tod@s xunt@s para recaudar e para que adultos, nen@s e maiores o pasemos en grande.
Teremos en conta cal é o teu equipo deportivo Xalleiro favorito, pero en función das inscricións e das idades das persoas participantes, serás asignad@ a un Team capitaneado por algúns dos nosos mellores deportistas: Team Xallas FC, Team Balonmán Xallas, Team Clubs Ciclistas, Team Correxallas, Team SD Catriz ou Team In Nae Taekwondo. Obviamente non contemplamos o Club de Natación, porque xunto co Concello son os organizadores e repartirán as súas forzas para axudar os distintos Teams. O Team que consiga nadar máis metros será o gañador da segunda edición, pero non o esquezas: se te anotas gañamos tod@s!
👧🏼👨🏻🦳👩🏻🦱 🥽Proximamente daremos máis detalles e aclararemos as normas, pero queremos que sepas que tod@s podemos participar: nadando máis ou menos metros, según as capacidades persoales, tod@s vamos a aportar e pasar estas festas nun gran ambiente.
➡️🌐 Así que reserva o día e anótate na ligazón que deixamos aquí abaixo.
www.santacomba.es/reservas
Agardámosche!
#NadalenSantaComba #SantaCombaDeporte #IISanSilvestreAcuáticaSantaComba