I CONCURSO DE DOCES “NADAL AO FORNO” DO CONCELLO DE SANTA COMBA
🎄🍪 Este Nadal vai ser moi doce, e vai ter premio!
A primeira edición do concurso Nadal ao Forno vai a permitir amosar as mellores receitas típicas destas datas nun ambiente festivo e con moito baile.
🧑🏼🍳📅 Se queres participar só tes que seguir as bases que deixamos aquí abaixo e anotarte no formulario que temos habilitado para cumplimentar tanto online como presencialmente na Casa da Cultura. Pode participar calquer persoa que non sexa profesional da repostería e resida en Santa Comba. Como? Moi fácil: presentando un doce o día15 de decembro de 2023 no Baixo da Vivenda Comunitaria, a partir das 16:30h.
🏆 Os gañadores serán os que o xurado considere os doces máis ricos e mellor presentados. E os tres primeiros terán premio. Aínda que toda persoa que participe poderá gozar do ambiente máis festivo, xa que haberá baile, moitos doces que degustar e a mellor compañía festiva.
➡️ Anímate a participar. A inscrición estará aberta ata este sábado, 14 de decembro.
Anótate: www.santacomba.es/reservas
Bases: www.santacomba.es/bases