981880075
Seleccionar página

Exposición 50 Aniversario CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza

🖼 O Museo Terra do Xallas acolle unha exposición moi especial polo 50 aniversario do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Un percorrido emocional pola historia do centro a través de imaxes cheas de recordos e momentos compartidos por moitas xeracións de xalleiros e xalleiras.

📅 A mostra estará dispoñible do 12 de xuño ao 4 de xullo, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00h, para que todas as persoas poidan achegarse a gozar desta viaxe no tempo.

📍 Unha oportunidade única para exalumnos, familias, profesorado e veciñanza de revivir a historia do colexio e celebrar medio século de educación, convivencia e aprendizaxe en Santa Comba.

🧡 Non perdas esta exposición conmemorativa que forma parte da memoria viva do noso pobo!

Fecha

Jul 04 2025
Finalizdo!

Hora

10:00 am - 2:00 pm

Localización

Casa do Pozo
Rúa Ourense, Santa Comba, A Coruña
Web
http://www.santacomba.es

Categoría

Código QR