
Debate: Muller, Deporte e Diversidade
Ás 12:50h, no Auditorio do Edificio Multiusos, celebrarase o Encontro-Debate “Muller, deporte e diversidade”, con Elena Roca, comunicadora, técnica deportiva e ex xogadora internacional de rugby, e Bárbara G. Vilariño, xornalista, experta en comunicación e activista. Será un espazo de reflexión e debate aberto sobre o papel da muller e a diversidade no deporte. A asistencia é libre, pero destacamos que o alumnado do IES Terra do Xallas que asista poderá obter un bono para gozar dunha xornada gratuíta no ximnasio municipal.
