981880075
Seleccionar página

De Ste Xeito “Running. Unha Suorenta Comedia”

Julia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “Quedamos? Vai, si! Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes na idade do pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os maiores coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes do colexio e o resto dos deberes. Deberes e obrigacións. Coidar de todo e de todos menos de un mesmo. Como facer que as axendas encaixen?

E por outra banda: realmente quero empezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar en un mesmo? Romeo e Julieta tiñan ás familias en contra dun amor prohibido. Julia e Román aínda non saben se se queren tanto, pois as súas familias, as súas vidas e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todos os personaxes desta vertixinosa comedia.

Neste exercicio teatral, os 2 ACTORES asumimos o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e do seu entorno, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética.

Nun total de 20 PERSONAXES entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas presas, ese maratón de teléfonos, móbeis, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a posibilidade que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación con un mesmo.

Artigos por Mes

DIRECCIÓN
Pza. Concello, 1
15840 Santa Comba
A Coruña

TELÉFONO 981 880 075

FAX 981 880 716