981880075
Seleccionar página

Biblioteca Pública Municipal – Un ano cheo de.. Poesía

📅 Marzo é o mes da poesía! E que mellor maneira de celebralo que cun obradoiro especial na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba? O sábado 29 de marzo, de 11:30 a 13:00h , as rapazas e rapaces de 7 a 11 anos terán unha cita coa creatividade e as palabras.

📖 Exploraremos todas as formas da poesía! Desde os versos clásicos ata a poesía ilustrada, os poemas en cómics ou mesmo a poesía nas paredes! Porque a poesía está en todas partes, só hai que aprender a descubrila.

✍️ Imos poñer mans á obra! Neste obradoiro, guiado pola especialista en literatura infantil Sonia Hermida, crearemos as nosas propias composicións poéticas. Será unha oportunidade perfecta para xogar coas palabras e darlles vida ás nosas emocións.

📚 Inscricións abertas. Apúntate na Biblioteca Pública Municipal ou a través de WhatsApp no 663 729 177.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Artigos por Mes

DIRECCIÓN
Pza. Concello, 1
15840 Santa Comba
A Coruña

TELÉFONO 981 880 075

FAX 981 880 716