
Andaina Clásica Gandeira
🚶🏻♀️🚶♂️ O pasado domingo, máis de 600 persoas correron polas rutas da V Clásica Gandeira.
Queremos que o ritmo non pare, pero si que sexa máis tranquiliño. Por iso, organizamos unha andaina polo percorrido da 10K da proba.
📆 O domingo, 27 de abril, ás 10:00h, sairemos desde a Casa da Cultura e percorreremos unha das rutas máis autóctonas do noso concello.
📝 A andaina é apta para todos os niveis, e as inscricións están abertas en www.santacomba.es/reservas. Completa o formulario e non perdas a ocasión de participar nesta xornada de deporte, natureza e boa compañía!
♻️ Anímate a camiñar con nós e a descubrir a beleza do noso entorno dun xeito saudable e sostible. Agardámoste!
#VClásicaGandeira #AndainasSantaComba
