CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.
CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.
A asociación xalleira Arte-Sáns da Cultura, promove un ciclo de cine que conciencie á sociedade sobre a problemática da violencia machista.
A entidade asociativa de recente creación e o CIM municipal colaborarán no programa de actividades para que a sociedade de Santa Comba avance na concienciación sobre esta lacra social.
Este venres 10 de Novembro ás 10 da noite no Multiusos xalleiro, a película “Princesas” abrirá un Cine- Fórum reivindicativo que achegue a tódolos veciños e veciñas de Santa Comba a realidade, triste realidade, da violencia de xénero. Ademáis da proxección, haberá un espazo para compartir opinións entre os asistentes sobre a evolución e posibles solucións para erradicar da sociedade a violencia contra as mulleres.
O ciclo terá continuidade o venres 24 de Novembro coa proxección de “No estás sóla Sara”.
A entrada para ambas sesións no Multiusos será de balde, e desde a organización esperan contar coa participación da veciñanza, co fin de ir dando pasos firmes cara unha sociedade que se afaste definitivamente da violencia de xénero.
Subvenciones a entidades sin fines de lucro publicadas no BOP para Deportes e Servizos Sociais
O xogo non ten Xénero.
Por mor do mal tempo, a semana pasada tivemos que aplazar un dos obradoiros temáticos e educativos que o Concello tiña organizado para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero. No obradoiro participou o alumnado de 6º de primaria do CEIP Barrié de la Maza, que experimentando coa técnica do Graffiti e baixo o lema “O xogo non ten Xénero” crearon un espazo para o diálogo e a reflexión sobre as diferenzas que se seguen a facer entre nenos e nenas mediante accións en apariencia triviais, como a elección da roupa, os xogos e os xoguetes.
Non debemos olvidar que os/as pequenos/as xogan como logo van a vivir, por iso, é imprescindible que dende as familias, si queremos lograr a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, comecemos por reducir os xogos e xoguetes sexistas que lle proporcionamos os/as nosos/as fillos/as. Non fai falla recordar que estamos en moi boa época, verdade?