📢 Dende a Fundación Mujeres poñen en marcha o programa “Alicia, activando a igualdade”, dirixido a mulleres desempregadas ou en procura de mellora laboral, en colaboración co Concello de Santa Comba.
🎯 Trátase dun itinerario de emprego destinado a adestrar competencias clave para atopar traballo:
* Competencias dixitais
* Estratexias para a busca de emprego
* Preparación de entrevistas de traballo
📞 Se estás interesada e precisas máis información ou queres inscribirte, podes facelo ata o venres 9 de maio, chamando aos números 663729420 ou 663729434.
Xestión Auxiliar de Nóminas e Recursos Humanos (Administración e Xestión)
🔊 Este itinerario substitúe os antigos cursos de Nóminas e Seguros Sociais.
Para completalo, é preciso realizar 3 cursos:
Xestión Auxiliar de Recursos Humanos
O Contrato de Traballo
Nóminas e Seguros Sociais
⁉️ Estes cursos son online, con exame final presencial. Forman parte da oferta do Ministerio de Educación e están dispoñibles durante todo o ano, agás nos meses de xullo e agosto.
📍 Máis información no edificio multiusos ou no teléfono 663 746 523
📚 Accións formativas para persoas desempregadas ou en activo
🆕 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS!
📌 PLAN AFD da Consellería de Emprego, Comercio e Industria.
Convócanse catro novas formacións presenciais dirixidas a ampliar as túas competencias profesionais.
✏️ Competencia en lingua castelá (Nivel 2) Curso gratuíto e presencial. Sen requisitos de entrada. Permite o acceso a cursos de Nivel 2. 🗓 Prazo de inscrición: ata o 30 de abril de 2025.
✏️ Competencia en lingua galega (Nivel 2) Curso gratuíto e presencial. Sen requisitos de entrada. Permite o acceso a cursos de Nivel 2. 🗓 Prazo de inscrición: ata o 16 de maio de 2025.
🛌 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208) Curso gratuíto e presencial. Dirixido a persoas con ESO ou equivalente. Prepárate para destacar no ámbito social e laboral. 🗓 Prazo de inscrición: ata o 16 de maio de 2025.
🖥 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408) Curso gratuíto e presencial. Sen requisitos de entrada. Fórmate como auxiliar administrativo/a, aprendendo a manexar documentos e datos de forma profesional. 🗓 Prazo de inscrición: ata o 9 de maio de 2025.
📞 Máis información e inscricións: Contacta no 663728782 ou visítanos no Edificio Multiusos, Rúa Curros Enríquez, 1º andar, Santa Comba.