981880075
Seleccionar página

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 20 de outubro de 09:30 a 13:30 horas.

Terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre desenvolvemento de aplicacións con Angular.js e ó mesmo tempo por videoconferencia na CEMIT do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba.

O obxectivo do seminario consiste en amosar aos asistentes un exemplo de desenvolvemento utilizando unha das tecnoloxías máis solicitadas na actualidade, AngularJS

Os contidos a tratar serán os seguintes:

  • Twitter Bootstrap
  • AngularJS
  • Servizos web REST

O relator da xornada será Luis Gervaso, enxeñeiro informático da Universidade Carlos III e experto en contornas web. Con máis de 10 anos de experiencia no deseño de arquitecturas e desenvolvemento de software en contornas empresariais, desenvolveu multitudes de ferramentas e portais para distintos sectores produtivos. No seu tempo de lecer contribúe en proxectos de código libre, tendo desenvolvido a libraría OpenStack Java SDK.

 

 

Aulas CeMIT:    Inscricións data límite: 29 de setembro no Edificio Multiusos de Santa Comba.

Teléfono: 663 74 65 23 (Chamar polas tardes)