981880075
Seleccionar página

Seminario:  Claves prácticas da xestión de requisitos: técnicas de captura, comunicación e organización

 

Data:          martes, 08 de marzo, de 09:30 a 13:30 horas

 

Organizado polo Centro de polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 8 de marzo de 2016, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre claves prácticas na xestión de requisitos (técnicas de captura, comunicación e organización).

A  xestión de requisitos correspóndese con  aquela parte do proxecto que ten que ver con saber entender ao cliente para sermos capaces de transformar as súas inquedanzas nunha listaxe concreta, específica, medible e verificable de características, funcionalidades e condicionantes a través dos nosos servizos.

O obxectivo do seminario consiste en trasladar aos asistentes os conceptos, a relevancia e as boas prácticas dunha das facetas máis salientables da xestión de proxectos: a captura e manexo dos requisitos.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

Introdución aos requisitos

  • Requisitos ou requerimentos ?. Que son e para que serven.
  • Requisitos PMBoK style
  • Requisitos Scrum style

Xestión realista de requisitos.

  • Enxeñería de requisitos
  • As dúas claves: comunicación e organización

Comunicación

  • Escoitas aos stakeholders
  • Tomando nota
  • O valor do contacto persoal
  • Esquema da mensaxe

 

Organización

  • Alcance: o que si e o que non
  • Técnicas de captura
  • Liña base de requisitos
  • Xestión dos cambios

O relator da xornada será Rafa García. Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid, Project Management Professional e Certified Scrum Master, Rafa acumula xa 16 anos de experiencia como consultor TIC e xefe de proxectos ofrecendo, a través da súa marca Valor 2.0, axuda a equipos de traballadores do coñecemento para seren máis produtivos e organizarse mellor