981880075
Seleccionar página


Animado Festival de Nadal No Multiusos

O multiusos xalleiro ateigouse de público este pasado sábado, para acoller o primeiro Festival de Nadal que promoviu a concellaría de Cultura que dirixe María Pose. O evento, que tamén contou coa presenza do alcalde Antonio Landeira, foi moi animado.
Polo escenario xalleiro pasaron os alumnos da Escola de Música Moderna, que se creou fai uns meses baixo a dirección de Xoán e Ramón Leis e da Escola de Música Tradicional, que coordina Pablo Seoane. Tamén se contou coa actuación do artista Fran Allo que presentou a súa canción "Alma Galega".

Na velada presentada polo profesor Xoán Leis, houbo unha lembranza para os músicos xalleiros.

Posteriormente entregáronse os premios do concurso de Debuxo e Pintura municipal. Nentrega participou a concelleira de Cultura, María Pose, a Directora do colexio Pepe de Xan Baña, unha profesora do CRA de Santa Comba e o músico José Amigo Ramos. O alcalde xalleiro, Antonio Landeira entregou os boletíns dos alumnos e alumnas da Escola de Música.No Festival do Nadal houbo unhas trinta actuacións que foron moi aplaudidas polos asistentes a un recinto que se quedou pequeno.

GALERÍA DE FOTOS NO FACEBOOK DO DEPARTAMENTO DE CULTURA

http://www.facebook.com/cultura.santacomba

TWITTER- @SantaCombaPress