981880075
Seleccionar página


Actividades no multiusos este xoves

18:30

“O CREBANOCES”

Espectáculo organizado polo Servizo municipal de Normalización do concello.

O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffman e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky, soará a suite completa do "Crebanoces". Durante a execución da música haberá pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical presenciaranse escenas faladas dos bonecos e narración cara o público.

O espectáculo, con entrada de balde, está aberta ó público en xeral, pero está especialmente dirixido a público familiar, de maneira que o disfrute será maior na medida en que acudan os nenos cos seus pais, avós, etc.

21,00h

O Ciclo de Charlas " Xuventude, ocio e saúde" chega ó seu fin este Xoves 5 de Decembro ás 21h no Multiusos de Santa Comba. e chega con outro prato forte: As Motivacións.

O prestixioso Psicólogo da Unidade de Psicoloxia e Coaching Deportivo, Rubén Domínguez dirixirá unha interesante charla "As Motivacións: do deporte á vida cotiá", abarcando un tema que a todo o mundo lle pode abrir novos horizontes.

O ciclo de charlas conta coa organización da concellería de Xuventude en colaboración con Balonmán Xallas.