Dobre cita cultural en Santa Comba


Festival musical e unha representación teatral

O multiusos xalleiro acolle esta fin de semana dúas actividades culturais. En primeiro lugar, o vindeiro sábado terá lugar un “Festival de Ano Novo”, que contará coa actuación da Escola de música Moderna do concello de Santa Comba. A cita comezará as 19:00h.

E o domingo, terá lugar, no mesmo recinto, a representación da obra “Con ganas de reir” protagonizada polos actores Máximo Valverde e Eva Santamaría. Este espectáculo teatral, cómico e musical comezará as 19,00h.

Os dous actos contan coa organización da concellería de cultura que dirixe María Pose Rodríguez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *