981880075
Seleccionar página


Xuntanza de alcaldes na Casa do Pozo

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira foi o anfintrión dunha xuntanza con representantes dos sindicatos agrarios que se celebrou na Casa do Pozo este venres 27 de xullo.

 

Ao encontro asistiron os alcaldes de Mazaricos, A Baña, Dumbría e Zas así como representantes dos concellos de Val do Dubra e Negreira. Por parte dos convocantes, estiveron membros de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores, entre eles o secretario xeral de UUAA, Roberto García, a máxima responsable do SLG, Isabel Vilalba, e Juan García, de XXAA en Bergantiños.

 

Os alcaldes promoverán mocións de apoio ao sector leiteiro, dirixidas ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O rexedor de Santa Comba, Antonio Landeira destacou a importancia que o sector agrogandeiro ten na Terra de Xallas asegurando que “somos conscientes das dificultades que están pasando os nosos productores lácteos, e por iso estamos dacordo en adoptar medidas de apoio”.