981880075
Seleccionar página

Dende o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia poñémonos en contacto con vostedes para informalas/os da segunda fase do PROCESO DE PARTIPACIÓN CIDADÁ na elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia, e en concreto, convidalas/os a asistir o venres 1 de abril ás 19:30h na aula CeMIT do Centro Multiusos (Rúa Curros Enríquez s/n, Santa Comba) ao obradoiro de participación cidadá das Directrices da Paisaxe de Galicia, para a comarca paisaxística de Terra de Xallas. 

Para asistir, debido a cuestións loxísticas e de organización agradecemos que aquelas persoas interesadas comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: atlaspaisaxe.iet@gmail.com

Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 981.910.206 e 608.201.251.

As Directrices da Paisaxe de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu resultado a un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible nesta ligazón).

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as Directrices da Paisaxe, é dicir, as determinacións, criterios e accións que deben definir o futuro da paisaxe de Galicia. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.

(2016 - 03 - 29) paisaxe.page1