CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CINE PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN SANTA COMBA.

A asociación xalleira Arte-Sáns da Cultura, promove un ciclo de cine que conciencie á sociedade sobre a problemática da violencia machista.
A entidade asociativa de recente creación e o CIM municipal colaborarán no programa de actividades para que a sociedade de Santa Comba avance na concienciación sobre esta lacra social.

Este venres 10 de Novembro ás 10 da noite no Multiusos xalleiro, a película «Princesas» abrirá un Cine- Fórum reivindicativo que achegue a tódolos veciños e veciñas de Santa Comba a realidade, triste realidade, da violencia de xénero. Ademáis da proxección, haberá un espazo para compartir opinións entre os asistentes sobre a evolución e posibles solucións para erradicar da sociedade a violencia contra as mulleres.
O ciclo terá continuidade o venres 24 de Novembro coa proxección de «No estás sóla Sara».
A entrada para ambas sesións no Multiusos será de balde, e desde a organización esperan contar coa participación da veciñanza, co fin de ir dando pasos firmes cara unha sociedade que se afaste definitivamente da violencia de xénero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *