981880075
Seleccionar página

Obxectivos da Axencia: contribuir ó desenvolvemento socioeconómico substentable do Concello de Santa Comba a través da promoción e coordinación dos recursos e potencialidades do territorio, para o que se prestan servizos de información e asesoramento ós diferentes axentes sociais e económicos.

Neste senso, as principais funcións da axencia son, entre outras, as que seguen:

  1. Información e xenstión das axudas a emprendedores e empresarios que favorezan a creación de emprego
  2. Promoción da cultura emprendedora a través do asesoramento e apoio ós novos proxectos de iniciativa empresarial, ben sexan de carácter individual ou colectivo
  3. Iniciativas de promcoción do comercio local
  4. Acompañamento e apoio a promotores e promotoras de proxectos empresariais, e seguimento dos mesmos
  5. Información e formación que redunde na mellora da empregabilidade
  6. Información e xestión de calquera outras actuacións que incidan na mellora socioeconómica dos habitantes do noso concello (p. ex.: axudas a vivenda, Bantegal, asociacionismo veciñal e cultural,…)

 

 

Para se poñer en contacto co responsable da Axecia, faga clik prema sobre o recadro contactar que aparece na parte superior desta páxina e logo prema sobre AEDL. O horario de atención ó público é de 9:00 a 15:00 horas. 

Axudas da Consellaría de Traballo: www.xunta.es/emprego/portal.htm 

Páxinas web de interese:

Novidades:

  1. Programa para a promoción do emprego autónnomo
  2. Programa de incentivos á contratación indefinida
  3. Programa de incentivos para favorecer a inserción da mocidade
  4. Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres
  5. Programa Leader 2007-2013

Pode consultar as ofertas de traballo publicadas nesta páxina remendo sobre o apartado Bolsa de Traballo que aparece na parte esquerda desta páxina.

As empresas interesadas en publicar ofertas de traballo a través desta páxina poden facelo poñéndose en contacto co AEDL.