981880075
Seleccionar página

 

SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. ( Residuos Sólidos Urbanos )  

 

RECOLLIDA NO NÚCLEO URBANO:

 Luns a Venres: A recollida faise de 6:00 a 8:00 e o depósito de residuos debe facerse de 19:00 a 22:00.

Sábados e vésperas de festivos: A recollida faise de 20:30 a 22:30 e o depósito de residuos debe facerse antes das 20:00.

 

 RECOLLIDA NO NÚCLEO RURAL:

A recollida faise tres días á semana seguindo as seguintes rutas:

Luns, mércores e venres: Recollida nas parroquias da parte norte do concello, que resultaría da división en dúas partes do concello de Santa Comba, por medio da estrada Baio-Santiago de Compostela.

Martes, xoves e sábados: Recollida nas parroquias da parte sur do concello, que resultaría da división en dúas partes do concello de Santa Comba por medio da estrada Baio-Santiago de Compostela.

 

Cómpre que o lixo vaia depositado en bolsas dentro do colector, para evitar así malos cheiros. 

 

LEMBRAMOS O QUE SE DEBE BOTAR EN CADA COLECTOR

 A)    Colector de xenéricos

Son os de cor verde, para o lixo orgánico ( restos de comida, restos de madeira, cerámica, cueiros, xoguetes,… )

B)    Colector de envases lixeiros

Son os amarelos, para as latas, bricks e plásticos. ( botellas de suavizante, deterxente líquido, botellas e garrafas de auga, bolsas, outros envoltorios de plástico, vasos de iogur, latas de bebida e conservas, cartóns de leite e zume….

C)    Colector de cartón

Son os colectores en forma de de caixa ou os iglús de cor azul, nos que se debe depositar o cartón e os papeis, xornais, revistas….

D)    Conlector de vidro

Son os iglús de cor verde; onde se debe depositar o vidro tal como botellas frascos, tarros. Todo debe depositarse sen tapas ou corchos.

Non se deben botar bombillas, nin tubos fluorescentes, nin cristais, nin porcelana.

 

    LEMBRA:        Separa o lixo e deposítao no colector axeitado a cada tipo de residuo.   

     A separación de lixo nos distintos colectores é o paso primeiro e fundamental na xestión correcta dos refugallos. 

 

SERVIZO DE RECOLLIDA DE ACEITES VEXETAIS.

 

O Concello dispón de colectores para depositar os aceites vexetais resultantes das frixiduras, que se instalan naqueles edificios onde as súas comunidades de veciños o soliciten. Tódolos que queiran dispór dun colector deste tipo poden solicitalo na oficina de Medio Ambiente.

 

  SERVIZO DE RECOLLIDA DE PILAS. 

O concello dispón de diversos colectores de pilas instalados en lugares como o Concello, a Casa da Cultura, os colexios, o instituto, as tendas de electrodomésticos, as reloxarías,… onde calquera veciño pode levar as súas pilas usadas e depositalas alí.

 

  SERVIZO DE RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS 

Os envases de medicamentos, caducados ou sen caducar, cómpre levalos ós puntos Sigre que hai nas farmacias.

 

 SERVIZO DE RECOLLIDA DE INSERVIBLES NAS ALDEAS 

O concello dispón dun servizo de recollida de inservibles ( voluminosos, mobles, electrodomésticos usados, colchóns, ferralla,… ) para as aldeas. O devandito servizo ofrécese o primeiro venres de mes. Os que estean interesados nel poden informarse na oficina de Medio Ambiente.

 

 SERVIZO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILOS. 

O Concello dispón dun servizo de recollida domiciliaria de plásticos de silos que se leva a cabo o último venres de cada mes. Tódolos que estean interesados poden apuntarse na oficina de medio Ambiente.

 

  SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENVASES DE PRODUTOS FITOSANITARIOS 

Os envases de produtos fitosanitarios ( herbicidas, insecticidas e funxicidas ) deben levarse ós establecementos colaboradores Sigfito, como poden ser a Cooperativa Xallas, o centro veterinario Cenvet.

 

    SERVIZO DE RECOLLIDA DE CARTÓN PORTA A PORTA 

Dito servizo soamente está dispoñible para os comerciantes do núcleo urbano do concello.

 

O servizo levase realízase tódolos luns e xoves a partir das 16:30 horas.

 

A ruta que segue o camión de recollida é a seguinte:

-Avenida Afonso Molina

– Rúa Rosalía de Castro

– Rúa Gómez Rubio

-Avenida Afonso Molina.

-Rúa Carmen Santiso

– Rúa Lugo.

-Rúa Pontevedra.

-Avenida Afonso Moilna.

– Rúa Miraflores.

– Avenida do Brasil.

– Rúa Suárez Vence.

– Avenida Afonso Molina.

 

Os usuarios deste servizo deben recordar as normas á hora de depositar o cartón na rúa:

–         O cartón debe ser depositado diante da porta do establecemento.

–         Dobrar e atar o cartón en fardos ou paquetes.

–         Non depositar plásticos, corchos brandos ou madeiras.

–         Respectar o horario de recollida e sacar o cartón á rúa no horario establecido.

 

Tódolos comerciantes que queiran facer uso deste servizo deben apuntarse na oficina de Medio Ambiente.

 Aqueles comerciantes que teñan o seu comercio nunha rúa distinta das sinaladas anteriormente poden poñerse en contacto coa oficina de medio Ambiente para que poidamos darlle unha solución ó seu problema.   

 

  PUNTO LIMPO 

O Punto Limpo está situado no Polígono Industrial e o seu horario é o seguinte:

Luns a venres:     8:00 a 14:30

Sábados:             9:00 a 14:00

 O Punto Limpo soamente está dispoñible para os veciños do concello de Santa Comba e tódolos que acudan alí para depositar residuos deberán levar o seu D.N.I. 

No Punto Limpo poden depositarse todos aqueles refugallos que non se depositan nos colectores da rúa, tales como:

Residuos voluminosos ( mobles, colchóns,… ), electrodomésticos sen CFC, restos metálicos do fogar, cascallos de pequenas obras….

Residuos especiais: Pilas e baterías, disolventes, pinturas, vernices, fluorescentes e aerosois, aceites usados, electrodomésticos con CFC, e os residuos que non se poidan depositar nos colectores da rúa por culpa do seu tamaño, nivel de contaminación…etc.

Existen tamén no punto limpo colectores para depositar o cartón, as latas, bricks e plásticos e o vidro.

 Non se debe levar ó Punto Limpo materia orgánica porque a súa recollida selectiva xa se fai a través dos colectores instalados na rúa. Tampouco materiais industriais de empresas porque o sistema de recollida para elas está xestionado segundo a cantidade e o tipo de residuo que producen. 

Os obxectivos do Punto Limpo son:

-Recuperar tódolos materiais reciclables que haxa en cada residuo: vidro, metais, papel,…

-Evitar os vertidos en ríos e mares, os vertedoiros a descuberto e os vertidos incontrolados de residuos voluminosos, como mobles ou electrodomésticos

 -Separar os residuos que poden ser un risco para o medio natural, como as medicinas, pinturas, aceites, pilas…

-Aforrar materias primas e enerxía. 

Lembrade que o lixo que xeramos pode reciclarse, só hai que separar e depositar nos colectores axeitados, e co Punto Limpo resulta máis sinxelo. Reciclando aforramos materias primas, enerxía,… O sistema de recollida funciona, é rendible e axuda a conservar a natureza. Ti es o punto de partida. Porque a todos non gusta vivir no mellor concello , traballa con nós para axudarnos a mantelo limpo, ecolóxico, a punto co medio natural.