O Concello de Santa Comba formará a 105 desempregados en sete cursos do Plan AFD e a 20 nun Obradoiro de emprego.

O Concello de Santa Comba formará a 105 desempregados en sete cursos do Plan AFD e a 20 nun Obradoiro de emprego.

O Concello de Santa Comba levará a cabo sete cursos do Plan AFD dirixidos aos desempregados para a súa inserción laboral. Os cursos levaranse a cabo grazas a unha axuda de 224.739,00€  provenintes da Consellería Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o Centro de Formación Municipal Terra de Xallas  impartirá sete novos cursos a partir do mes de setembro de 2017 ao mes de xuño de 2018, aproximadamente : “Xestión integrada de recursos humanos» (808 horas), «Actividades administrativas na relación co cliente” (818 horas), «Operación auxiliares de servizos administrativos e xerais» (448 horas), “ Atención sociosanitraia a persoas dependentes en institucións sociais» (468 horas), «Competencia Mantemática N2 ( 138 ), Comunicación en língua castelá N2” (138 horas), Comunicación en língua galega N2”(38 horas ).

Os interesados deberán inscribirse nas oficinas de emprego (INEM) e verificar que teñen acreditada a titulación académica necesaria para acceder aos mesmos.

Por outra banda, foi concedido ao Concello de Santa Comba o obradoiro de emprego “ProTurismo 2017”, cunha duración de 9 meses, para un total de 20 alumnos/as traballadores/as. O importe da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria neste obradoiro é de 279.959,00€.

Os módulos formativos que se desenvolverán no obradoiro son: “ Promoción turística local e información ao visitante” ( Nivel 3) e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes ( Nivel 2 ).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede ao Concello de Santa Comba un total de 504.698,00€.

Para calquera información os interesados poden dirisirxe ás oficinas de formación ou orientación sitas no Edificio Multiusos do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *