XIV TORNEO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA 2011

Este ano o Concello de Santa Comba, por medio da Concellería de Deportes organiza o XIV Torneo Intermunicipal de fútbol Sala os vindeiros 28 e 29 de maio no pavillón municipal de Fontenla.

Os concellos participantes son os seguintes: Concello Arzúa, Concello de Frades, Concello de Lousame, Concello de Outes, Concello de Teo, Concello de Toques, Concello de Tordoia, Concello de Touro, Concello de Vedra e o Concello de Santa Comba. Cada concello terá como representante ó equipo gañador da súa liga local e os grupos de emparexamentos son:

GRUPO 1º: Toques, Arzúa, Lousame e Vedra.

GRUPO 2º: Tordoia, Touro e Santa Comba.

GRUPO 3º: Teo, Frades e Outes.

Este torneo posúe un gran atractivo e é de gran importancia no eido deportivo xa que arredor de 200 participantes de diversos concellos galegos, desfrutan durante dous días dun marco deportivo tan importante coma é a Terra de Xallas.

Para máis información preguntar pola Técnico de deportes( Elisa Capelo) no Edificio Multiusos ou no 663 728 964.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *