981880075
Seleccionar página

I FEIRA DO LIBRO DE SANTA COMBA

 

 Día 25 de xuño.  Xoves 

11.00  Apertura da feira.

12.45   Actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Santa Comba.

13.00   Pregón inaugural do escritor e xornalista Lois Oreiro.

18.00   Actividades para nenos:  A maxia metida nunha maleta, con Fátima e David.

20.00   Presentación de libros.

21.45   Sorteo dun lote de libros. 

 

Día 26 de xuño.  Venres. 

12.00   Obradoiro de marcapáxinas, realizado por Cucarandainas.

18.00   Actividades para nenos:  O bardo Abelardo. Divertido contacontos a cargo de Servando Barreiro.

19.00   Charla coloquio do escritor Francisco Narla arredor do seu libro Los lobos del centeno, publicado pola editorial AVA.  Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.

20.30   O escritor David Durán Arufe presenta o seu libro Palabras xordas para oídos necios, publicado por 3C3 Editores.  Xunto co autor, participarán no acto Ana Acuña, Carmen Blanco e Amancio Liñares.

21.45   Sorteo dun lote de libros.

 

 Día 27 de xuño.  Sábado. 

12.00   Obradoiro de instrumentos musicais con materiais de refugallo, realizado por As dúas de sempre.

13.00   O escritor e editor Xosé Amancio Liñares Giraut presenta o seu libro El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas, publicado polo Grupo España Exterior.  Xunto co autor, participarán no acto Pilar Cagiao Vila e Francisco Gómez-Soto.

16.00   Festival de baile folclórico, coa participación da Asociación Cultural Xeitura de Esteiro (Muros), Asociación folclórica Simiela (Louro) e a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa Comba.

17.45   Exhibición de bailes de salón levada a cabo por rapaces e rapazas afeccionados do Concello de Santa Comba.

18.30   Actividades para nenos: A compañía de teatro Seisdedos, representa a súa obra O galo Kirico e os seus amigos.Contos e relatos. 

19.30   A escritora Concha Blanco asinará exemplares do seu libro Coa carauta posta, publicado pola editorial Toxosoutos.

20.00   Os escritores Rafael Lema (Crónicas corsarias, Ed. Tambre-Edelvives) e Alicia Baño (Daltonismo vital) presentarán os seus libros.

21.45   Sorteo dun lote de libros. 

 

 Día 28 de xuño.  Domingo. 

12.00   Obradoiro de ilustración, a cargo de Fran Riveiro.

18.00   Actividades para nenos.  O tenderete da cachifallada.  Obra de teatro infantil da compañía A Loca Motora. 

19.00   O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro Las hijas del César, publicado por Ediciones El Andén.

20.00   O escritor  Manuel Quintáns López presenta o seu libro Días de muertos, publicado por  3C3 editores.  Xunto co autor, participan no acto Francisco Javier del Valle-Inclán Alsina,  Luís Gonçalves Blasco “Foz” e  Antonio Puentes.

21.00   Fin de festa con humor.  Divertido Monólogo humorístico a cargo de Cándido Pazó.

21.45   Sorteo dun lote de libros.