981880075
Seleccionar página

A exposición, obra da artista Carmen Domech, permanecerá aberta na Biblioteca Municipal do Concello ( Casa da Cultura ) e contorno, desde o día 2 ata o 27 de setembro no seguinte horario:

* Do día 2 ó día 12 de setembro: De luns a venres de 9:00 h a 14:00 h.

* Do día 15 ó 27 de setembro: De luns a venres de 9:00 h a 14:00 h. e de 15:00 h a 20:30 h. Sábados: de 9:30h a 13:30 h.

A viaxe a través desta obra intenta abrir unha porta ó fértil terreo da imaxinación. Animar a tódolos visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes máxicos libros e a que creen os seu propios. Tanto á hora de crear e contar historias como á hora de plasmalas, a través das artes plásticas, sobre obxectos diversos. Deste xeito, poden ser as historias as que provoquen a metamorfose do libro ou o libro animado o que evoque unha historia, unha anécdota, unha aventura…